Apeadoiro de Perlío

(Redirección desde «Estación de Perlío»)

Coordenadas: 43°28′21″N 8°10′29″O / 43.4724, -8.17473

Perlío é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Perlío, no concello de Fene, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Perlío
Apeadoiro de Perlío.
SituaciónFene
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria

editar

A estación atópase no punto quilométrico 33,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 5 metros de altitude,[1] entre as estacións de Barallobre e de Neda. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

editar

A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

A estación

editar

O apeadoiro de Perlío consta dunha única plataforma á que accede unha vía. Non conta cun edificio de estación, senón cunha marquesiña para refuxiarse, e cun aparcadoiro disuasorio, para facilitar o acceso ao apeadoiro. Atópase na parroquia de Perlío, no suroeste do núcleo urbano de Fene, preto da ría de Ferrol e do estaleiro de Fene. Recentemente recrecéronse as plataformas da estación, ademais de instalarse farois nelas para unha mellor visibilidade.

Servizos ferroviarios

editar

Media distancia

editar

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
5 MD A Coruña <> Ferrol
  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. Obras da liña Betanzos - Ferrol Arquivado 09/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia
  3. Betanzos a Ferrol Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar