Apeadoiro de Barallobre

estación de ferrocarril en Barallobre, Fene

Coordenadas: 43°27′46″N 8°11′19″O / 43.4628, -8.18858

Barallobre é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Barallobre, no concello de Fene, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Barallobre
Estación de Barallobre.
SituaciónFene
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 31,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 26 metros de altitude,[1] entre as estacións de Franza e de Perlío. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia editar

A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

Servizos ferroviarios editar

Media distancia editar

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas editar

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. Obras da liña Betanzos - Ferrol Arquivado 09/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia
  3. Betanzos a Ferrol Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar