Abrir o menú principal

Apeadoiro de Cabanas-Areal

(Redirixido desde "Estación de Cabanas - Areal")

Situación ferroviariaEditar

A estación atópase no punto quilométrico 24,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 6 metros de altitude,[1] entre as estacións de Pontedeume e de Franza. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

HistoriaEditar

A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

Servizos ferroviariosEditar

Media distanciaEditar

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
5 MD A Coruña <> Ferrol

NotasEditar

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. Obras da liña Betanzos - Ferrol Arquivado 09/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia
  3. Betanzos a Ferrol Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase taménEditar