Estación de Almería

A estación de Almería, chamada intermodal, é a única estación de ferrocarril e autobús da cidade de Almería, en Andalucía.

Estación de Almería

Tipoestación intermodal, estación ferroviaria sen saída, estación de autobuses e estación de ferrocarril Editar o valor en Wikidata
Uso(s)en funcionamento Editar o valor en Wikidata
Instalaciónsrestauración aparcamiento accesible PMR
Localización
Mapa
 36°50′07″N 2°27′19″O / 36.83521, -2.45519
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Almería
ConcelloAlmería Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónQ107341846 Traducir Editar o valor en Wikidata
Transporte
Código de estación ferroviaria56312 Editar o valor en Wikidata
Liña de trenLinares Baeza–Almería railway (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Servizo de conexiónArco, Renfe, Altaria e Talgo (Renfe) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Longa distanciaArco, Talgo
Media distanciaA-3
Outros transportesEstación de Autobuses
Persoas e organizacións
PropietarioAdif Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Edificio

editar

A antiga estación de ferrocarril de Almería, agora en desuso, foi rematada en 1893 en arquitectura de ferro e cristal. Dise que foi deseñada por Alexandre Gustave Eiffel[Cómpre referencia], aínda que é máis fiable que fose deseñada por un dos seus discípulos. A súa fachada principal é de tres corpos. Nas súas funcións de estación foi substituída polo edificio lateral da estación intermodal, que ademais concentra o maior tráfico de autobuses da provincia.

 
Antiga estación de Almería, agora en desuso

Desde 2005 os trens foron desprazados á nova estación intermodal, situada uns metros antes da antiga, que como o seu propio nome indica une servizos ferroviarios e por estrada. Foi a primeira estación intermodal construída en España.

Servizos ferroviarios

editar

O tráfico ferroviario foi sempre escaso en Almería. Tradicionalmente chegaba só a liña Moreda-Guadix-Almería de vía única electrificada, que nunca tivo gran tráfico de viaxeiros. A electrificación só se usaba para os trens de mineral cara ao Marquesado, debido ás fortes pendentes. Unha vez que o servizo de mercadorías desaparece tralo peche das minas, a electrificación (3.000 V) desactívase. É estación términi de trens.

Actualmente chegan a esta estación os seguintes trens:

Prevese a chegada da alta velocidade a esta estación desde Murcia (2012-2015[Cómpre referencia]).

Autobuses

editar

O tráfico de autobuses é significativamente maior có de trens, e cobre case todos os destinos españois posibles. Tamén parten de aquí autobuses interurbanos que comunican Almería con outros concellos da provincia.