Esplenomegalia
A esplenomegalia é unha condición na que o tamaño do bazo fica aumentado. Morfoloxicamente considérase que o tamaño normal do bazo é de entre 11 e 14 cm, e adoita pesar entre 150 e 200 g.[1][2].
Esplenomegalia | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() TAC que amosa un doente de leucemia linfática crónica con esplenomegalia. | |
DiseasesDB | 12375 |
MedlinePlus | 003276 |
eMedicine | ped/2139 |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Causas
editarInfecciosas
editar- Mononucleose infecciosa (producidas polos virus EBV ou CMV)
- Outras infeccións virais
- Infeccións parasitarias (Paludismo etc.)
- Infeccións bacterianas (Tuberculose, Brucelose etc.)
- Bartonelose ou doenza por rabuñadura de gato.
Patoloxía hepática
editar- Insuficiencia hepática
- Colestase hepática
- Cirrose
- Colanxite esclerosante
- Fibrose quística
- Atresia biliar
- Doenza de Wilson
Procesos tumorais
editarAnemias hemolíticas
editar- Hemoglobinopatías
- Talasemia
- Anemia hemolítica inmunitaria
- Anemia hemolítica por deficiencia G-6-PD
- Anemia hemolítica idiopática autoimnunitaria
Outras causas
editarSignos e síntomas
editarA esplenomegalia polo xeral é asintomática. Porén, algúns síntomas habituais poden ser a dor no hipocondrio esquerdo, baixo as costelas; ou a imposibilidade de realizar comidas abundantes e copiosas. Poden presentarse habitualmente náuseas e até vómitos.
O hiperesplenismo secundario á esplenomegalia pode causar palidez, mais o síntoma máis evidente nesta condición é a formación de petequias e hematomas por mor da diminución do número de plaqueta (trombopenia).
Notas
editar- ↑ eMedicine > Splenomegaly Autor: Gina M Matacia-Murphy. Actualización: 20 de abril de 2012
- ↑ Spielmann, Audrey L.; David M. DeLong, Mark A. Kliewer (1 de xaneiro de 2005). "Sonographic Evaluation of Spleen Size in Tall Healthy Athletes". American Journal of Roentgenology (American Roentgen Ray Society) 2005 (184): 45–49. PMID 15615949. Consultado o 9-9-2008.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Esplenomegalia". MedlinePlus (en castelán).