Vostok 2 foi o nome da segunda misión tripulada da Historia, con German Titov a bordo. Foi lanzada pola Unión Soviética o 6 de agosto de 1961 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Vostok 2
Réplica dunha cápsula Vostok
TipoTripulada
Data de lanzamento6 de agosto de 1961, 6:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorVostok 8K72K[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión1 día[2][6]
Obxectivo da misiónSegundo voo tripulado.[2][6]
Regreso7 de agosto de 1961[1][6]
NSSDC ID1961-019A
Masa4731,0 kg[2][5][6]

Características editar

A misión de Vostok 2 foi realizar a segunda misión orbital tripulada. O equipamento da cápsula incluía o soporte vital, comunicación por radio e televisión para monitorizar o estado do cosmonauta, grabadoras e experimentos biolóxicos. Os obxectivos do voo foron investigar os efectos no corpo humano da exposición prolongada á microgravedade e estudar a capacidade de traballo en órbita de humanos en microgravedade. A diferenza de Gagarin, Titov si tomou o control manual da súa cápsula pero sufriu de mareo espacial.[2][3][4][5]

A cápsula reentrou na atmosfera o 7 de agosto e Titov tocou terra sen problemas ás 7:18 GMT cerca de Krasniy Kut, en Saratov, tras exectarse da cápsula a uns quilómetros de altura, tal como estaba previsto.[2][3][4][5]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "VOSTOK 2" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Vostok 2" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 24 March 1962 from the Acting Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Acting Secretary-General" (PDF) (62-06233). 24 de marzo de 1962: 7. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Vostok 2" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Vostok-3K" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Vostok 2" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2018.