Vostok 4
Vostok 4 foi o nome da cuarta misión tripulada da Historia, con Pavel Popovich a bordo. Foi lanzada pola Unión Soviética o 12 de agosto de 1962 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Vostok 4 | |
---|---|
Réplica dunha cápsula Vostok | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 12 de agosto de 1962, 8:02 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Vostok 8K72K[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 2,96 días[2][6] |
Obxectivo da misión | Voo en formación coa Vostok 3.[2][6] |
Regreso | 15 de agosto de 1962[1][6] |
NSSDC ID | 1962-037A |
Masa | 4728,0 kg[2][5][6] |
Características
editarA misión de Vostok 4 foi realizar a cuarta misión orbital tripulada da Historia e o primeiro voo en formación xunto coa Vostok 3. A Vostok 3 foi lanzada en primeiro lugar e a 4 un día máis tarde para atoparse en órbita e achegarse a tan só uns quilómetros unha da outra. Os obxectivos da misión foron estudar a capacidade do corpo humano para traballar en microgravedade, facer experimentos científicos e mellorar os sistemas das naves espaciais. O lanzamento da Vostok 4 foi tan preciso que no momento da inserción orbital as naves estaban a menos de 5 km de distancia. Os dous cosmonautas, Nikolayev na Vostok 3 e Popovich na 4, chegaron a contactar por radio, pero dado que as naves Vostok non tiñan capacidade de manobra, empezaron a alonxarse sen posibilidade de reunirse de novo. A cápsula de Popovich comezou a ter problemas no sistema de soporte vital, coa temperatura da cápsula baixando a 10 °C e a humidade ao 35%. Foi a primeira misión na que se transmitiron imaxes de televisión desde o espazo ao sistema de televisión terreste (da Unión Soviética). A nave regresou á Terra o 15 de agosto de 1962 ás 6:59 GMT na rexión de Karaganda.[2][3][4][5]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vostok 4 |
Outros artigos
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "VOSTOK 4" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Vostok 4" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 19 October 1962 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (63-13911). 20 de xuño de 1963: 2. Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Vostok 4" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Vostok-3K" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Vostok 4" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.