Ventdelplà foi unha serie dramática creada por Josep Maria Benet i Jornet e producida por Diagonal TV para Televisió de Catalunya, que se emitiu por TV3 durante sete temporades entre o 14 de febreiro de 2005 e o 17 de outubro de 2010.

Ventdelplà
FormatoDrama
Creado porJosep Maria Benet i Jornet
IntérpretesEmma Vilarasau
Jordi Boixaderas
Georgina Latre
Carlos Cuevas
Cristina Dilla
Joan Crosas
Anna Barrachina
Miquel Gelabert
Ramon Madaula
Nao Albet
Rosa Vila
Teresa Urroz
Marta Marco
Marc García Coté
País de orixeEspaña España
Episodios365
Produción
Duración50-55 min
Emisión orixinal
Canle de orixeTV3
Primeiro episodio14 de febreiro de 2005
Derradeiro episodio17 de outubro de 2010
Na rede
https://www.ccma.cat/tv3/ventdelpla/
IMDB: tt0450542 Filmaffinity: 645560 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Argumento editar

O argumento vira ao redor de Teresa, unha muller maltratada polo seu marido que foxe de Barcelona cara a Ventdelplà onde ten un tío, Gustau. Aínda que ao principio ten a intención de vender a casa e volver a Barcelona, queda en Ventdelplà. A serie narra as vidas da xente do pobo.

Teresa Clarís é unha ama de casa, casada cun avogado de prestixio de Barcelona. Ten dous fillos, de 15 e 8 anos, e a carreira de médico terminada. O seu marido pronto lle fai deixalo todo para ocuparse dos fillos e sobre todo del. Cando quere recuperar algo de independencia, todo complícase. Debe fuxir e refuxiarse temporalmente en casa do seu tío Gustau, en Ventdelplà.

Localización editar

A maioría das escenas exteriores de Ventdelplà foron rodadas na vila de Breda, na comarca catalá da Selva. As escenas que teñen lugar na cidade (Barcelona ou Xirona), rodáronse xeralmente en Sant Celoni.

Repartimento editar

Capítulos e audiencias editar

Tempada Espectadores Share
Primeira 742.000 25,4%
Segunda 814.000 26,7%
Terceira 764.000 24,0%
Cuarta 725.000 23,7%
Quinta 640.000 21,0%
Sexta 629.000 20,0%
Sétima 490.000 16,3%
Media 686.000 22,4%

Premios editar

  • Premio da Academia da Televisión ao mellor programa autonómico de ficción de 2007.

Adaptacións editar

Houbo unha adaptación galega da serie, Valderrei, que foi emitida pola Televisión de Galicia entre o 27 de febreiro e o 29 de xuño de 2007.

O 4 de xaneiro de 2010, a cadea de televisión privada bTV de Bulgaria estreou a versión dobrada a lingua búlgara de Ventdelplà.[1] Tamén poden escoitarse, por debaixo, as voces orixinais dos actores en catalán.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar