Toledo, Ohio

cidade do condado de Lucas, no estado de Ohio, Estados Unidos de América

Toledo é unha cidade do condado de Lucas no estado estadounidense de Ohio. Esta cidade universitaria é coñecida como a cidade de Cristal, grazas á súa larga tradición na innovación en todos os aspectos da industria do vidro, da que a cidade conta cun museo. O automóbil Jeep foi manufacturado en Toledo dende 1941.

Modelo:Xeografía políticaToledo, Ohio
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°40′N 83°35′O / 41.67, -83.58Coordenadas: 41°40′N 83°35′O / 41.67, -83.58
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoOhio
Condado (pt) TraducirCondado de Lucas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación270.871 (2020) Editar o valor em Wikidata (1.242,79 hab./km²)
Número de fogares119.215 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaToledo metropolitan area (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:646.604) Editar o valor em Wikidata
Superficie217,953266 km² Editar o valor em Wikidata
Auga4,0798 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude187 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1833 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataWade Kapszukiewicz (pt) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefónico419 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webtoledo.oh.gov Editar o valor em Wikidata
Facebook: cityoftoledo Twitter: city_of_toledo Instagram: cityoftoledo Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O primeiro asentamento foi de orixe española, aínda que foi abandonado cando se retirou de Norteamérica a Coroa española coa independencia das súas colonias continentais a comezos do século XIX. A área abriuse á colonización británica tras a batalla das Árbores Caídas en 1794. Esta batalla levou a unha serie de tratados cos indios entre os anos 1795 e 1817. Entre 1803 e 1805 edificouse Fort Industry na desembocadura do regato Swan Creek. A partir da guerra de 1812 houbo un establecemento de poboación permanente no contorno de Fort Industry. Dúas poboacións fundáronse na zona: Port Lawrence (1817) e Vistula (1832). As dúas uníronse en 1833 baixo o nome de Toledo que facía referencia ó asentamento español orixinal.

Dende 1835 Toledo é a capital do condado de Lucas. Nos anos trinta no século XIX, o estado de Ohio decidiu incorporar a rexión de Toledo ó seu plan de construción de canais. Porén, a zona non formaba parte do estado, senón do Territorio de Míchigan, polo que se produciu un problema de límites coñecido como a Guerra de Toledo en 1835. Os habitantes da zona meteron presión para que o baixo val do Maumee pasase de Míchigan a Ohio, e o conflito solucionouno o presidente Andrew Jackson outorgando o territorio en disputa a Ohio e compensando a Míchigan coa que actualmente é a súa península setentrional.

O desenvolvemento industrial da rexión produciuse durante esa década e a seguinte, ó construírense canais de navegación e ferrocarrís.

A industria de vidro foi iniciada nos anos oitenta do século XIX por Edward Libbey e Michael Owens.

Xeografía e clima editar

Segundo a oficina do Censo dos Estados Unidos, Toledo ten unha superficie total de 217,88 km², da cal 208,99 km² corresponden a terra firme e 8,89 km² (4,08%) son auga.

Está situada no noroeste do estado de Ohio, xunto á baía de Maumee, extremo occidental do lago Erie e atravesa o río Maumee. A súa elevación sobre o nivel do mar é de 187 metros. Gran parte da cidade ocupa chan formado artificialmente e que ó principio estaba ocupado por pantanos.

O terreo é plano, e o solo é fértil, particularmente no val de Maumee.

O clima é continental frío, aínda que a proximidade do lago modera as temperaturas, de xeito que as nevaradas adoitan ser lixeiras. A temperatura media de xaneiro é de -5,3 °C, a de xullo é de 22,3 °C, e a media anual ascende a 9,2 °C.

Economía editar

A situación vantaxosa de Toledo na rexión dos Grandes Lagos, con acceso navegable ó océano a través do río San Lourenzo viuse reforzada pola conexión a outras canles de navegación e a chegada do ferrocarril nas décadas de 1830 e 1840. O seu porto, xestionado pola Toledo-Lucas Country Port Authority, é un dos maiores do mundo no transporte de carbón e ferro. Tamén se distribúen cereais e soia, petróleo e derivados, cemento e outras cargas. Tamén dispón de instalacións para a reparación de barcos.

Entre as industrias da rexión de Toledo atópanse as do vidro, automóbil, construción naval, aeronáutica, metal, maquinaria, medicamentos e fabricación de fariñas. Existen máis de mil fábricas e centros de produción na área metropolitana. Os maiores empregadores inclúen Daimler AG, General Motors, Libbey Inc, Dana Corporation, Owens-Illinois Inc, ProMedica Health Systems e o sistema de escolas públicas.

Toledo dispón dun aeroporto (Toledo Express) servido por sete aeroliñas e que é a base de operacións de Burlington Air Express. O aeroporto de Detroit atópase a menos dunha hora en automóbil.

Lecer e educación editar

Os deportes máis populares nesta cidade son as carreiras de coches, o béisbol, o golf, o hóckey e as carreiras de cabalos.

Entre as institucións educativas máis importantes atópanse:

  • The University of Toledo.
  • Bowling Green State University (Bowling Green.)
  • Lourdes University (Sylvania).
  • Herzing University.
  • Toledo Academy of Beauty.

Os colexios públicos de Toledo están dentro de cidades limítrofes, como o Washington Local School District en North Toledo. Adicionalmente, ten colexios privados e públicos de primaria e secundaria e colexios católicos como:

  • Central Catholic High School.
  • Notre Dame Academy.
  • Toledo Christian Schools.
  • Emmanuel Christian.
  • Monclova Christian Academy.
  • Apostolic Christian Academy.

Cidades irmás editar

Toledo ten varias cidades irmás, designadas por Sister Cities International (SCI):

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar