Delmenhorst é unha cidade de Alemaña, no estado de Baixa Saxonia, de 77.711 habitantes (2008). A cidade sitúase entre Bremen e Oldenburg.

Modelo:Xeografía políticaDelmenhorst
Imaxe

Nomeado en referencia aDelme (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 53°03′02″N 8°37′54″L / 53.0506, 8.6317Coordenadas: 53°03′02″N 8°37′54″L / 53.0506, 8.6317
EstadoAlemaña
Estado federadoBaixa Saxonia Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Hasbergen (en) Traducir (1974–)
Stickgras (en) Traducir (1933–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación78.385 (2022) Editar o valor em Wikidata (1.255,16 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie62,45 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porDelme (en) Traducir e Klosterbach (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude7 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoHarald Groth (pt) Traducir (1974–1976)
Otto Jenzok (pt) Traducir (1976–1984)
Jürgen Thölke (pt) Traducir (1986–2001)
Patrick de La Lanne (pt) Traducir (2006–2014) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal27749–27755 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico04221 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSDE941 Editar o valor em Wikidata
Número de municipio alemán03401000 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Lublin (1992–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webdelmenhorst.de Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Delmenhorst menciónase pola primeira vez nun documento de 1254 tras que o conde de Oldenburg, Otto I, mercara o lugar preto do río Delme en 1234. Alí construíuse en 1247 unha fortaleza para protexer o novo asentamento. O seguinte conde, Otto II, fixo deste castelo a súa residencia. O 15 de xullo de 1371 Delmenhorst declarouse cidade independente consonte as leis de Bremen.

 
Delmenhorst en 1647

Despois dun breve período baixo o goberno do bispo de Bremen (1421-1436), Demelhorst volveu á custodia de Oldenburg ata que en 1482 pasou ao poder do bispo de Münster. En 1547 volveu para Oldenburgo e desde 1667 pasou, como o resto de Oldenburg, á autoridade danesa. A tsarina Catarina II mercou Delmenhorst en 1767 pero devolveullo a Oldenburg en 1773. En 1777 Delmenhorst converteuse en ducado de Oldenburg, en 1806 un exército franco-holandés ocupou o territorio, Delmenhorst foi parte do Imperio Francés de 1811 ata 1813.

Durante a Revolución Industrial Delmenhorst experimentou un forte crecemento económico, grazas a Bremen, xa que os comerciantes para evitar pagar altos dereito aduaneiros por exportar bens manufacturados producían os bens nas vilas veciñas que estaban fóra da área aduaneira de Bremen.

En 1903 Delmenhorst converteuse en kreisfrei, o que significaba que estaba baixo o seu propio goberno sen depender doutro. Durante a época de depresión dos anos 30 as fábricas pecharon pero a cidade continuou a medrar, incorporando as aldeas do arredor. En 1938 durante a A noite dos cristais rotos queimaron a sinagoga. Despois da segunda guerra mundial a cidade quedou baixo a zona de ocupación británica e acolleu milleiros de refuxiados da Alemaña Oriental, baixo ocupación da Unión Soviética

Cidades Irmandadas editar

Ligazóns externas editar

Sitio oficial (en alemán)