Sinfonías espurias ou de dubidosa autoría de Wolfgang Amadeus Mozart

Esta lista de sinfonías espurias ou de dubidosa autoría de Wolfgang Amadeus Mozart contén trinta e nove obras sinfónicas atribuídas nun principio ao compositor austríaco, e posteriormente probadas como espurias ou sobre cuxa autenticidade se teñen continuas dúbidas. Non se coñece con precisión o número real de sinfonías escritas por Mozart; das corenta e unha formalmente numeradas, hai tres (números 2, 3 e 37) das que se sabe sen ningunha dúbida que pertencen a outros compositores; por outra banda, os especialistas non están seguros da autoría da n.º 11. Con todo, á parte da secuencia aceptada de sinfonías números 1-41, existen outras vinte sinfonías auténticas de Mozart[a] e, amais destas, unha longa lista de composicións problemáticas que non foron autenticadas como obras de Mozart. Algunhas destas composicións poden ser auténticas; de feito, as obras dubidosas son tratadas con frecuencia como auténticas polos que elaboran edicións recompilatorias.[b] Non obstante, algunhas foron aceptadas durante moito tempo como obras doutros compositores, os cales foron identificados en moitos casos.

Retrato de Mozart aos trece anos, nun óleo pintado en xaneiro de 1770 por Saverio dalla Rosa.

Moitas das dificultades de autenticación xorden coas sinfonías temperás de Mozart, das que se perderon as partituras autógrafas. Nalgunhas desapareceu completamente o corpo principal da obra, e só sabemos da súa existencia a raíz de que se conservou o incipit (anotación dos primeiros compases) catalogado por Breitkopf und Härtel, que publicou a Alte Mozart-Ausgabe (AMA) en 1883. Os informais métodos de publicación e distribución de obras musicais do século XVIII é, do mesmo xeito, causa de confusión. Os erros de catalogación, baseados en información desaxeitada, e en ocasións unha impaciencia excesiva por atribuír novos descubrimentos a Mozart, agravaron o problema. Con todo, a lista de sinfonías «espurias e dubidosas» non é fixa, en tanto que poden xurdir novas evidencias que leven á autenticación das obras dubidosas, do mesmo xeito que, nun futuro, sinfonías xeralmente aceptadas como da autoría de Mozart poderían ser cualificadas como dubidosas ou mesmo ser consideradas espurias.

Causas das malas atribucións editar

 
Leopold Mozart, cuxas sinfonías en ocasións teñen sido atribuídas erroneamente ao seu fillo Wolfgang.

Existen numerosas causas polas que as obras sinfónicas foron incorrectamente atribuídas a Mozart. Entre elas, pódense mencionar as seguintes:

  • Un costume do mozo Mozart era copiar parte da música doutros compositores, coa intención de destinala ao propio estudo. Os últimos descubrimentos de partituras musicais, ou fragmentos, con letra de Mozart ás veces levan a pensar que a obra era súa. Este factor en concreto ten provocado confusión entre as primeiras sinfonías de Wolfgang e as de seu pai Leopold, e tamén as de compositores situados no círculo de Mozart, como Michael Haydn.[2]
  • Mozart, sendo xa un compositor e intérprete maduro, incluiría en ocasións a obra doutro compositor (con frecuencia xove e loitador) no programa dun dos seus habituais concertos sinfónicos. Aínda que no momento presentaría á audiencia o verdadeiro compositor, a feble asociación da obra con Mozart levaría en moitos casos a pensar continuamente que el era o autor.[3]
  • Os métodos de publicación e distribución musical eran moi laxos na Europa do século XVIII, con versións manuscritas de música circulando libremente. Isto podería facilmente levar a confusión sobre a autoría das composicións, conducindo con frecuencia á falsa atribución.[4]
  • As imprecisións temperás á hora de identificar as obras de Mozart, como lle ocorreu, por exemplo, ao comerciante musical de Hamburgo Johann Christoph Westphal, foron arrastradas pola posterior catalogación formal de Breitkopf und Hãrtel e Ludwig von Köchel, e teñen tendencia a persistir.[5]
  • Perdeuse un número descoñecido de obras de Mozart. Os «descubrimentos» ocasionais de finais do século XVIII, particularmente en lugares que tiveran relación con Mozart a través de visitas persoais ou de interpretacións en concerto, fóronlle atribuídos en ocasións máis ben precipitadamente, sendo descalificados unicamente ao achar probas que demostrasen o contrario.[6]

Catálogo Köchel editar

Artigo principal: Catálogo Köchel.

O catálogo Köchel, xeralmente aceptado como a relación definitiva das obras de Mozart, foi publicado por Ludwig von Köchel en 1862, tendo sido revisado e actualizado en varias ocasións posteriores. O catálogo orixinal, coñecido como K1, clasifica as obras incompletas ou perdidas nun apéndice ou Anhang, sen seguir unha orde cronolóxica. Estas obras foron identificadas como Anh. seguido de letras e cifras, en lugar de por un número de KV (Köchel-Verzeichnis). Na última gran revisión do catálogo (1964, K6), o Anhang estendeuse para incluír as obras dubidosas ou espurias. Tomando como base as máis recentes investigacións e achados, algunhas das obras que no K1 estaban incluídas no Anhang foron ascendidas a status de KV, mentres que outras foron relegadas do catálogo principal ao Anhang. Non obstante, e como sinala Neal Zaslaw, as distribucións do catálogo Köchel entre a relación principal e o Anhang non son indicadores de confianza de autenticidade ou do contrario. Zaslaw estima como arbitrarias algunhas das divisións e pide «categorías máis claras e honestas» para as obras problemáticas.[7]

Lista de sinfonías espurias ou de dubidosa autoría de Mozart editar

O termo latino Deest emprégase para identificar aquelas obras que non se incluíron en ningunha das versións do catálogo Köchel, mais que nalgunha medida foron consideradas no pasado composicións de Mozart.[8]

Número Número de K1
Número de K6
Ano (se se coñece) Título da sinfonía Número de movementos Comentarios Referencias
1 KV 15a–ss KV 15a–ss 1764 Bosquexos para teclado en mi bemol maior («Sinfonía n.º 0») 4 O caderno de Mozart en Londres contén corenta e tres bosquexos de música, catalogados dende KV 15a ata KV 15ss. Neal Zaslaw, especialista en Mozart, expuxo a posibilidade de que catro destes fragmentos pertenceran á posiblemente perdida Sinfonía «Londres» en catro movementos. A base principal para soster esta hipótese reside na súa interpretación das indicacións dadas por Nannerl Mozart, citadas en Zaslaw, p. 17, pero á parte disto non hai outras evidencias que sosteñan a idea da existencia da obra. [9][10]
2 KV 16b KV Anh. C11.01 1765 Sinfonía en maior Esta obra do período de Londres existe só en forma de bosquexo, e na actualidade crese que foi composta por Leopold Mozart. [11][12]
3 KV 17 KV Anh. C11.02 ¿1765? Sinfonía n.º 2 en si bemol maior 4 Atribuída a Mozart na primeira edición do catálogo Köchel, argüíndo a existencia dunha copia do século XIX, e catalogada como a súa segunda sinfonía, a procedencia desta obra foi cuestionada dende aquela, principalmente por causa da súa baixa calidade (Dearling califícaa de «rústica e máis ben torpe»). Na actualidade, admítese que a obra non é de Wolfgang, senón que é unha sinfonía de seu pai, Leopold. [13][14]
4 KV 18 KV Anh. A51 ¿1764? Sinfonía n.º 3 en mi bemol maior 3 Incluída na primeira edición do catálogo Köchel como a terceira sinfonía de Mozart, foi identificada como a Sinfonía n.º 6 de Carl Friedrich Abel, copiada e posiblemente reorquestrada por Mozart en Londres, como exercicio. [15][16]
5 KV Anh. 220 KV 16a Descoñecido Sinfonía en la menor (Sinfonía «Odense») 3 As partes orquestrais da obra encontráronse en Odense (Dinamarca) en 1983, de aí o sobrenome da mesma, e foron cualificadas como o achado dunha sinfonía en la maior de Mozart. Interpretouse por primeira vez o 9 de decembro de 1984. Dende aquela, o exame do manuscrito e a análise do historial da obra perdida levaron á conclusión de que a obra é probablemente unha das varias sinfonías espurias manipuladas polo vendedor de música hamburgués J. C. Westphal (finado en 1797). [17][6]
6 KV Anh. 222 KV 19b ¿1765? Sinfonía en maior Un inicio de tres compases en allegro é todo o que se conserva desta obra, identificada polo musicólogo Alfred Einstein como parte dunha sinfonía perdida en maior, escrita por Mozart no seu período londiniense. Deseguido xurdiron dúbidas sobre as súas orixes e a súa atribución a Mozart é incerta hoxe en día. [18]
7 KV 76 KV 42a ¿1767? Sinfonía n.º 43 en fa maior (En NMA, sección 46) 4 Recentemente aceptouse a súa atribución a Mozart, mais actualmente é incerta. Posiblemente sexa obra de Leopold Mozart (Zaslaw), o cal é rexeitado por Cliff Eisen, especialista na obra deste, quen considera que a obra non é nin de Leopold nin de Wolfgang. [19][20]
8 KV Anh. 214 KV 45b ¿1767? Sinfonía n.º 55 en si bemol maior (En NMA, sección 46) 4 A sinfonía perdérase ata que apareceu unha copia en Berlín, en 1943. As orixes da obra son obxecto de disputa (1767, Salzburgo, en opinión de Zaslaw; 1768, Viena en opinión da NMA). A súa atribución a Mozart non pode ser confirmada, mais comunmente acéptase que é unha obra auténtica. [21][22][23]
9 KV Anh. 215 KV 66c ¿1768? Sinfonía en re maior Pertence ao grupo das tres sinfonías perdidas (véxase KV 66d e KV 66e) coñecidas só polos incipit recollidos no catálogo de Breitkopf und Härtel. Dearling especula con que estas obras se escribiron máis tarde, como preparativo para a viaxe da familia Mozart a Italia en 1769, mais non existen evidencias directas de que sexan obra de Mozart. [24][25]
10 KV Anh. 217 KV 66d ¿1768? Sinfonía en si bemol maior Véxanse comentarios a KV 66c [24][25]
11 KV Anh. 218 KV 66e Descoñecido Sinfonía en si bemol maior Véxanse comentarios a KV 66c [24][25]
12 KV Anh. 216 KV Anh. C11.03 ¿1770? Sinfonía n.º 54 en si bemol maior 4 Ata 1910, esta obra só foi coñecida por un incipit. Ese ano descubriuse unha copia, ata aquela perdida, na Biblioteca Estatal de Berlín, e afirmouse que a obra era auténtica, tomando como base o seu «estilo», sen que existisen máis probas concluíntes. A opinión actual, dado que non hai evidencias directas, é que a súa autoría é incerta. [26][27]
13 KV 98 KV Anh. C11.04 ¿1770? Sinfonía n.º 48 en fa maior 4 Nun principio, foi tomada como unha auténtica obra de Mozart, entre outros, polo propio Köchel; con todo, a sinfonía considérase hoxe como obra dun compositor non identificado que non tiña conexión co círculo de Mozart. [28][29]
14 KV Anh. C11.05 Descoñecido Sinfonía en si bemol maior 2 Publicada en París arredor de 1806, perdida e redescuberta en 1937, pensouse entón que era unha segunda «Sinfonía de París». Con todo, a súa baixa calidade (segundo Zaslaw, «unha imitación de terceira categoría dunha abertura de opereta francesa») indica que se trata máis ben da falsificación dun autor descoñecido. [30]
15 KV Anh. 219 KV Anh. C11.06 Descoñecido Sinfonía en re maior Clasificada no catálogo de Brietkopf und Härtel como unha obra de Mozart obtida do vendedor de música hamburgués Johann Christoph Westphal, trátase en realidade dunha sinfonía de Leopold Mozart. [31]
16 KV Anh. C11.07 Descoñecido Sinfonía en re maior Conoñecida só por un incipit de dous compases de extensión, presente no catálogo temático de Breitkopf und Härtel. A súa atribución a Mozart é incerta. <[32]
17 KV Anh. C11.08 Descoñecido Sinfonía en fa maior Coñecida só por un incipit de catro compases de extensión, presente no catálogo temático de Breitkopf und Härtel. A súa atribución a Mozart é incerta. [33]
18 KV 81 KV 73l 1770 Sinfonía n.º 44 en re maior
(En NMA, sección 47)
3 A opinión está dividida en canto á autoría desta obra, sendo atribuída a Leopold ou a Wolfgang Amadeus Mozart. Orixinalmente, foi recollida no catálogo de Breitkopf und Härtel como obra de Leopold; posteriores conxecturas suxiren que a composición sexa en realidade de Wolfgang, mais non existe certeza en ningún caso. [34][35][36]
19 KV 97 KV 73m 1770 Sinfonía n.º 47 en re maior
(En NMA, sección 47)
4 As dúbidas sobre a súa verdadeira autoría xorden a raíz da falta do manuscrito autógrafo; non obstante, con frecuencia admítese como verdadeira obra de Mozart. Para Dearling, non hai dúbidas acerca da súa autenticidade. [37][38]
20 KV 95 KV 73n ¿1770? Sinfonía n.º 45 en re maior
(En NMA, sección 47)
4 Zaslaw descríbea como unha sinfonía cuxa autenticidade «nunca ten sido o suficientemente cuestionada con seriedade». Á parte de que non se encontrase a partitura autógrafa, non existen probas que sosteñan a idea de que foi escrita en 1770 en Roma, tal e como aparece recollido en K1 e K6. A obra presenta características mozartianas e podería ser auténtica mais dunha etapa anterior, aínda que isto non pode ser verificado. [39]
21 KV 84 KV 73q 1770 Sinfonía n.º 11 en re maior
(En NMA, sección 47)
3 Existen copias desta obra procedentes de Viena, Berlín e Praga que a atribúen, respectivamente, a Wolfgang, Leopold e Carl Ditters von Dittersdorf. A análise estilística da mesma indica que, dos tres, Wolfgang sería o compositor máis probable, e Dittersdorf o menos. [40][41][35]
22 KV 75 KV 75 1771 Sinfonía n.º 42 en fa maior
(En NMA, sección 47)
4 Aínda que a súa autoría é incerta, a súa atribución a Mozart non se ten cuestionado en liñas xerais, a pesar de que Zaslaw a considera de «misteriosa procedencia». Por outra banda, tamén o Menuetto e Trio é atipicamente o segundo movemento, en lugar do terceiro, o cal non é propio de Mozart. [42]
23 KV 96 KV 111b ¿1771? Sinfonía n.º 46 en maior
(En NMA, sección 47)
4 A data establecida para a obra é obxecto de dúbidas provocadas pola presenza de certos trazos estilísticos; así, a sinfonía puido ter sido composta máis tarde. Non pode ser atribuída a Mozart con absoluta certeza porque non se conserva a partitura autógrafa nin existen outras evidencias directas da súa autenticidade. Non obstante, con frecuencia é considerada como auténtica. [43]
24 KV Anh. 293 KV Anh. C11.09 1775 Sinfonía en sol maior 4 Amplamente aceptada como sinfonía de Leopold Mozart, aínda que nun principio se atribuíra a Wolfgang. [44]
25 KV 291 KV Anh. A52 ¿1781? Sinfonía en re maior 3 Esta sinfonía, Perger n.º 43 de Michael Haydn, foi atribuída erroneamente a Mozart, tomando como base un fragmento da obra que Mozart copiou, aparentemente para axudarse a estudar a forma de fuga do último movemento. [45]
26 KV Anh. A59 ¿1783? Catro incipit en re maior, sol maior, re maior e maior Tres destes incipit foron identificados como sinfonías de Joseph Haydn: números 47, 62 e 75. O cuarto non foi identificado, e probablemente trátese do fragmento dunha sinfonía perdida de Mozart. [46]
27 KV Anh. C11.10 Descoñecido Sinfonía en fa maior ¿? Sinfonía erroneamente atribuída a Mozart; en realidade, é obra de Ignace Pleyel (17571831), compositor e kapellmeister austríaco, que a escribiu en Estrasburgo en 1789. É autor de moitas sinfonías e outras pezas orquestrais, aínda que era coñecido principalmente pola súa faceta de fabricante de pianos. [47][48]
28 KV Anh. C11.11 1783 Sinfonía en maior ¿? Sinfonía do compositor bohemio Adelbert Gyrowetz (17631850). Foi interpretada en 1785 nun concerto dado por Mozart en Viena, e atribuída erroneamente a este a raíz dese evento. [3][49]
29 KV 444 KV Anh. A53 ¿1784? Sinfonía n.º 37 en sol maior 3 Sinfonía de Michael Haydn, Perger n.º 16, para a que Mozart escribiu unha breve introdución de vinte compases. Estreouse en Linz no mesmo concerto que a Sinfonía n.º 36 de Mozart. Ata 1907, pensouse que toda a obra era de Mozart e interpretábase con frecuencia como a súa trixésimo sétima sinfonía. [50][51]
30 KV Anh. C11.12 Descoñecido Sinfonía en fa maior Zaslaw identifica esta obra dende o Anhang do K.6 como unha sinfonía de Carl Dittersdorf, atribuída erroneamente a Mozart. [48]
31 KV Anh. 294 KV Anh. C11.13 Descoñecido Sinfonía en sol maior Zaslaw identifica esta obra dende o Anhang do K.6 como unha sinfonía de Leopold Mozart, atribuída erroneamente a Wolfgang. [48]
32 KV Anh. C11.14 Descoñecido Sinfonía en maior ¿? Descuberta en Milán en 1944 e anunciada como unha sinfonía perdida de Mozart, constatouse que en realidade se trataba dunha sinfonía de Anton Eberl (17651807), un compositor contemporáneo a Mozart, cuxas composicións aparecen ás veces baixo o nome do xenio salzburgués. [48][52]
33 KV Anh. C11.15 Descoñecido Sinfonía en maior 4 Sinfonía de autor incerto, cuxo manuscrito se encontra no Museo Narodni de Praga. O nome de Mozart aparece na cuberta, mais, de acordo con Zaslaw, «non existen fontes convincentes ou motivos musicais para supoñer que [esta sinfonía] vén da pluma de Wolfgang Mozart». [53]
34 KV Anh. C11.16 Descoñecido Sinfonía en sol maior ou maior Sinfonía de autor incerto, identificada por Zaslaw como obra de Mozart, aínda que non se teñen detalles da súa procedencia. [48]
35 KV deest 1767 Sinfonía en sol maior
(«Novo Lambach»)
4 Descuberta no mosteiro de Lambach, que visitou a familia Mozart en 1769, considérase que é unha obra de Leopold Mozart, en lugar de selo de Wolfgang. Dearling observa un parecido «notable» coa Sinfonía n.º 1 de Dittersdorf. [54][55]
36 KV deest 1760 "Sinfonía" 1 Obra de Johann Georg Wassmuth (finado en 1766), compositor da corte e Kapellmeister en Würzburg. Un manuscrito achado na Biblioteca Thurn und Taxis de Regensberg atribúeo erroneamente a Mozart. [56][57]
37 KV deest 1785 Sinfonía en menor 4 Sinfonía de Joseph Martin Kraus (17661792), catalogada erroneamente en 1971 pola Biblioteca nacional de Francia como obra de Mozart, probablemente baseándose nunha mala lectura da sinatura do manuscrito. [58]
38 KV deest 1730 Sinfonía en re maior 2 Unha obra, Artaserse, de Johann Adolph Hasse, atribuída erroneamente a Mozart a causa da adición posterior do seu nome no manuscrito orixinal na Biblioteca Thurn und Taxis de Regensberg. [59]
39 KV deest Descoñecido Sinfonía ¿? Sinfonía de Joseph Haydn, mencionada por Zaslaw por ter unha atribución espuria a Mozart, e identificada unicamente como «Hob. I:6». [60]

Notas editar

  1. Isto inclúe sinfonías derivadas de aberturas de ópera e de serenatas para orquestra. Os números de Köchel destas obras son 19a; 35; 38; 45a; 46a; 46b; 62a; 62c; 74c; 74a; 111a; 135; 141a; 167a; 189b; 207a; 213a; 248b; 320; 383f.[1]
  2. Oito obras de dubidosa autoría están presentes na edición de 1991 da Neue Mozart-Ausgabe.
Referencias
  1. Sadie 2006, pp. 613–621.
  2. Zaslaw 1991, pp. 41–42, 399–401 e 384.
  3. 3,0 3,1 Zaslaw 1991, pp. 392-393.
  4. Zaslaw 1991, p. 14.
  5. Zaslaw 1991, pp. 269–274.
  6. 6,0 6,1 Kenyon 2006, pp. 153–154.
  7. A Brief History of the Köchel Catalogue, Zaslaw, págs. 558–561.
  8. "BWV Numbering System" (en inglés). bach-cantatas.com. 2005. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2006. Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  9. Zaslaw 1991, pp. 17–20.
  10. Sadie 1980, p. 558.
  11. Dearling 1982, pp. 62 e 209.
  12. Zaslaw 1991, pp. 41–42 e 123.
  13. Zaslaw 1991, pp. 36–39.
  14. Dearling 1982, p. 60.
  15. Dearling 1982, pp. 57–60.
  16. Zaslaw 1991, p. 28 e 42.
  17. Zaslaw 1991, pp. 265–81.
  18. Zaslaw 1991, pp. 29–31.
  19. Zaslaw 1991, pp. 102–109.
  20. Kenyon 2006, p. 153.
  21. Zaslaw 1991, pp. 93–95 e 560.
  22. Kenyon 2006, p. 154.
  23. Dearling 1982, pp. 66–67.
  24. 24,0 24,1 24,2 Zazlaw 1991, pp. 12–25.
  25. 25,0 25,1 25,2 Dearling 1982, pp. 36 e 68.
  26. Zaslaw 1991, pp. 151–155.
  27. Dearling 1982, pp. 22–23.
  28. Zaslaw 1991, pp. 398–401.
  29. Dearling 1982, p. 73.
  30. Zaslaw 1991, pp. 331–332.
  31. Zaslaw 1991, p. 273 e 560.
  32. Zaslaw 1991, pp. 124–125.
  33. Zaslaw 1991, pp. 124–25.
  34. Zaslaw 1991, pp. 169–170.
  35. 35,0 35,1 Dearling 1982, p. 71.
  36. Kenyon 2006, p. 81.
  37. Zaslaw 1991, pp. 95–97 e 547.
  38. Dearling 1982, p. 69.
  39. Zaslaw 1991, pp. 95–98.
  40. Zaslaw 1991, pp. 175–176.
  41. Kenyon 2006, p. 155.
  42. Zaslaw 1991, pp. 208–209.
  43. Zaslaw 1991, pp. 186–188.
  44. Zaslaw 1991, pp. 170–171.
  45. Zaslaw, págs. 397–398.
  46. Zaslaw 1991, pp. 395–397.
  47. New Oxford Companion to Music, ed. Denis Arnold, volume II, páxs. 1458–1459
  48. 48,0 48,1 48,2 48,3 48,4 Zaslaw 1991, pp. 546 e 549.
  49. Sadie 1980, volume 7, páxs. 870–871
  50. Zaslaw 1991, pp. 391–392.
  51. Dearling 1982, p. 45 e 143.
  52. Sadie 1980, volume 5, p. 812.
  53. Zaslaw 1991, pp. 303–305, 546 e 549.
  54. Zaslaw 1991, pp. 128–138.
  55. Dearling 1982, pp. 68–69.
  56. Zaslaw 1991, pp. 237 e 546.
  57. New Oxford Companion to Music, ed. Denis Arnold, volume II, p. 1968
  58. Zaslaw 1991, pp. 193–194, 546 e 549.
  59. Zaslaw 1991, pp. 124, 546 e 549.
  60. Zaslaw 1991, p. 546.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar