Santigoso, A Mezquita

parroquia civil do concello da Mezquita

San Simón de Santigoso é unha parroquia do concello da Mezquita na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2010 tiña 76 habitantes (43 homes e 33 mulleres).

Santigoso
Vista de Santigoso.
ConcelloA Mezquita[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°00′47″N 7°01′37″O / 42.01305556, -7.02697222Coordenadas: 42°00′47″N 7°01′37″O / 42.01305556, -7.02697222
Poboación61 hab. (2022)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Ocupa a maior parte das Terras das Frieiras. Constitúe un territorio de terras altas (sempre por riba dos 900 metros de altitude), e pertencen a Santigoso dous dos montes máis altos do Concello o Castelo (1.362 m) e O Uzal (1.390 m)

Festas editar

 

As festas patronais celébranse o 16 de agosto na honra de San Roque, e o 28 de outubro na honra de San Simón. Dende 2006 vense celebrando o segundo domingo de agosto unha festa gastronómica de degustación de carne de vaca frieiresa na carballeira da Devesa.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Santigoso editar

Lugares da parroquia de Santigoso no concello da Mezquita (Ourense)

Santigoso

Parroquias da Mezquita editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Mezquita

Cádavos (Santa María Madanela) | Castromil (Nosa Sra. da Encarnación) | Chaguazoso (Santiago) | A Esculqueira (Santa Eufemia) | Manzalvos (Santa María) | A Mezquita (San Martiño) | O Pereiro (San Pedro) | Santigoso (San Simón) | A Vilavella (Santa María da Cabeza)


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar