Sandford Fleming
Sir Sandford Fleming, nado en Kirkcaldy (Escocia) o 7 de xaneiro de 1827, e finado en Halifax (Canadá) o 22 de xullo de 1915, foi un enxeñeiro canadense de orixe escocesa e un prolífico inventor.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1827 Kirkcaldy (pt) |
Morte | 22 de xullo de 1915 (88 anos) Halifax, Canadá (en) |
Lugar de sepultura | Beechwood Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Canadá Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Actividade | |
Campo de traballo | Engineer's degree (en) |
Ocupación | deseñador de selos , inventor , enxeñeiro |
Membro de | Sociedade Real do Canadá (presidente) (1888–1889) Sociedade Real do Canadá (membro fundador (pt) ) (1882–) |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Fillos | Lily Frances Fleming (en) |
Premios | |
Traxectoria editar
É coñecido especialmente porque propuxo a creación de zonas horarias estandarizadas, Horario Universal (Tempo Universal, Universal Time ou UT) e do sistema horario de 24 horas correspondentes ós 24 fusos horarios contados a partir do meridiano de 180 graos (coñecido como «antimeridiano» de Greenwich) e que tamén se emprega agora como liña internacional de cambio de data.[1] Deseñou o primeiro selo postal do Canadá e realizou un enorme labor de levantamento topográfico e cartográfico por todo o país, encargándose dos labores de enxeñaría do Ferrocarril Intercolonial e do Ferrocarril Canadense do Pacífico (Canadian Pacific Railroad ou CPR).
Foi membro fundador da Royal Society of Canada (Sociedade Real do Canadá) e fundador do Royal Canadian Institute, unha organización científica e académica de Toronto.
Notas editar
- ↑ Quirico Filopanti Arquivado 17 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. da Universidade de Boloña, Italia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sandford Fleming |