Un refrixerante é un produto químico líquido ou gasoso, facilmente licuable, que se utiliza como medio transmisor de calor entre outros dous nunha máquina térmica. Os principais usos son os de refrixerador e os de acondicionador de aire.

O principio de funcionamento dalgúns sistemas de refrixeración baséase nun ciclo de refrixeración por compresión, que ten algunhas similitudes co ciclo de Carnot e utiliza refrixerantes como fluído de traballo.

Historia editar

Cando comezaron as preocupacións pola capa de ozono, os refrixerantes máis usados eran os clorofluorocarbonos R-12 e R-22. O primeiro era empregado principalmente para aire acondicionado de vehículos e para pequenos refrixeradores; o segundo para aire acondicionado, refrixeradores e conxeladores comerciais, residenciais e lixeiros. Algúns dos primeiros sistemas empregaron o R-11 polo seu baixo punto de ebulición, o que permitía construír sistemas de baixa presión.

A produción de R-12 cesou nos Estados Unidos en 1995 e o R-22 foi eliminado posteriormente. Agora estase empregando o R-134a e outras mesturas non prexudiciais para a capa de ozono como substituto dos compostos clorados. O R-410A é unha popular mestura a partes iguais de R-32 e R-125 que comeza a substituír o R-22.

Características dos refrixerantes editar

  • Punto de conxelación: debe de ser inferior a calquera temperatura que exista no sistema, para evitar conxelacións no evaporador.
  • Calor específica: Debe ser a máis alta posible para que unha pequena cantidade de líquido absorba unha gran cantidade de calor.
  • Volume específico: debe ser o máis baixo posible para evitar grandes tamaños nas liñas de aspiración e compresión
  • Densidade: debe ser elevada para usar liñas de líquido pequenas.
  • A temperatura de condensación, á presión máxima de traballo debe ser a menor posible.
  • A temperatura de ebulición, á presión atmosférica ou próximas debe de ser relativamente baixa.
  • Punto crítico: o máis elevado posible.
  • Non deben ser líquidos inflamables, corrosivos nin tóxicos.
  • Posto que deben interaccionar co lubricante do compresor, deben ser miscibles na fase líquida e non ser nocivos co aceite.
  • Os refrixerantes, aprovéitanse en moitos sistemas para refrixerar tamén o motor do compresor, normalmente un motor eléctrico, polo que deben ser bos dieléctricos, é dicir, ter unha baixa condutividade eléctrica.

Tipos editar

Pola súa composición química editar

Polo seu grao de seguridade editar

Polas súas presións de traballo editar

  • Baixa
  • Media
  • Alta
  • Moi alta

Pola súa función editar

  • Primario: se é o axente transmisor no sistema frigorífico, e polo tanto realiza un intercambio térmico principalmente en forma de calor latente.
  • Secundario: realiza un papel de intercambio térmico intermedio entre o refrixerante primario e o medio exterior. Realiza o intercambio principalmente en forma de calor sensible.

Poden ser prexudiciais para a capa de ozono: Índice ODP e axudar o efecto invernadoiro: Índice GWP

Refrixerantes comunmente usados editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar