A calor sensible é aquela que recibe un corpo que fai que aumente a súa temperatura sen afectar a súa estrutura molecular e polo tanto o seu estado. En xeral, observouse experimentalmente que a cantidade de calor necesaria para quentar ou arrefriar un corpo é directamente proporcional á masa do corpo e á diferenza de temperaturas. A constante de proporcionalidade recibe o nome de calor específica.

O nome provén da oposición a calor latente, que se refire á calor "escondida", é dicir, aquela que se subministra pero coa que non "se nota" o efecto de aumento de temperatura, xa que por regra xeral a substancia á que se lle aplica aumentará a súa temperatura en apenas un grao centígrado, como ocorre nun cambio de fase de xeo a auga líquida ou desta a vapor. A calor sensible si se nota, posto que aumenta a temperatura da substancia, facendo que se perciba como "máis quente", ou pola contra, se se lle resta calor, "máis fría".

Para aumentar a temperatura dun corpo hai que aplicarlle unha certa cantidade de calor (enerxía). A cantidade de calor aplicada en relación coa diferenza de temperatura que se logra depende da calor específica do corpo, que é distinta para cada substancia.

A calor sensible pódese calcular nalgúns casos simples:

  • Se o proceso se efectúa a presión constante:

Onde H é a entalpía do sistema, m é a masa do corpo, é a calor específica a presión constante (definida como a cantidade de calor requirida para aumentar nun grao a temperatura da unidade de masa dun corpo a presión constante), é a temperatura final e é a temperatura inicial do corpo.

  • Se o proceso se efectúa a volume constante:

Onde U representa a enerxía interna do sistema, n son os moles da substancia e é a calor específica a volume constante. Os valores da calor específica varían tamén coa temperatura ambiente e o estado físico de agregación das substancias.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar