Abrir o menú principal

Un azeótropo é unha mestura líquida de dous ou máis compoñentes que posúe un único punto de ebulición constante e fixo, e que ao pasar ao estado vapor compórtase como un líquido puro, ou sexa coma se fose un só compoñente.

Un azeótropo, pode ferver a unha temperatura superior, intermedia ou inferior á dos constituíntes da mestura, permanecendo o líquido coa mesma composición inicial, do mesmo xeito que o vapor, polo que non é posible separalos por destilación simple.

O azeótropo que ferve a unha temperatura máxima chámase azeótropo de ebulición máxima e o que o fai a unha temperatura mínima chámase azeótropo de ebulición mínima. Os sistemas azeotrópicos de ebulición mínima son máis frecuentes cós de ebulición máxima.

Un exemplo é a mestura de etanol e auga, que forma un azeótropo para unha concentración do 95% en peso de alcohol, que ferve a unha temperatura de 78,2 ºC. Cunha destilación simple obtense un alcohol con este título, pero para conseguir un composto máis puro necesítase utilizar recursos especiais como unha destilación azeotrópica.

ExemplosEditar

Véxase taménEditar