O río Vipava (en esloveno; Vipacco en italiano e Wipbach / Wippach en alemán) é un río que percorre o oeste de Eslovenia e o nordeste de Italia. Ten unha lonxitude de 49 quilómetros dos que 45 deles transcorren en Eslovenia.[1]

Vipava
Ponte Tabor sobre o río Vipava en Vipava, Goriška, Eslovenia
PaísEslovenia Eslovenia
Italia Italia
Baixa Carniola
NacementoGradiček Eslovenia
Altitude110 m
Lonxitude49 km
Conca760 km2
Caudal medio17,31 m³/s
DesembocaduraL'Isonzo

Xeografía editar

Nace no Monte San Lorenzo (Eslovenia) a partir de seis mananciais,[1] en Ivančna Gorica, cruza a meseta do Kras (ou Carso) e, ao entrar en Italia, desemboca no Isonzo (ou Soča en esloveno) co concello de Savogna d'Isonzo. O seu val é coñecido polo cultivo de árbores froiteiras e videiras e, na antigüidade, representaba unha importante vía de comunicación a Liubliana e a todo o val do Danubio.

A súa conca é de 760 km² e un caudal medio de 17,31 m3/s (en 1971-2000).[1] O seu réxime é pluvio-nival no curso superior e pluvial no inferior.[2]

Historia editar

No ano 394, nos arredores do río produciuse a denominada batalla do río Frigidus (do latín, Frigidus, é dicir "frío) entre os partidarios de Teodosio e os do usurpador Uxío.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Vipava". camisproject.eu (en esloveno). 2021. Consultado o 24 de maio de 2021. 
  2. Brečko Grubar, Valentina; Kovačič, Gregor (2010). "Pokrajinskoekološka oznaka jadranskega povodja v Sloveniji s poudarkom na kakovosti vodnih virov". Annales. Series historia et sociologia (en esloveno) 20 (1): 153–168. 
  3. Jiménez Garnica, Ana Mª (2010). Nuevas Gentes, Nuevo Imperio: Los Godos Y Occidente en El Siglo V (ebook) (en castelán). Madrid: UNED. ISBN 978-84-362-6174-5. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar