Pobo aleutiano

Pobo indíxena de Alasca e Rusia

Os aleutianos[4] (en ruso: Алеу́ты, Aleut'y), que na súa propia lingua son coñecidos como Unangax̂ ("pobo", Unangan en singular), son un pobo indíxena das Illas Aleutianas.

Pobo aleutiano
Muller aleutiana co seu cativo, Illa de Attu, 1941.
Poboación
Poboación total:
20 000
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados Unidos19 282 (2010)[1]
Rusia Rusia482 (2010)[2]
Aspectos culturais
LinguaLingua aleutiana,[3] inglés e ruso
Relixiónanimismo
Grupos
relacionados
Inuit, iupik e sirenik

Tanto o pobo como as illas están divididos entre Alasca, nos Estados Unidos de América e o Krai de Kamchatka, en Rusia.

Lingua editar

Malia que o inglés e o ruso son as linguas dominantes faladas polos aleutianos, a lingua aleutiana aínda é falada por unhas 150 persoas nos Estados Unidos e por 5 persoas en Rusia.[3] A lingua pertence á familia de linguas esquimó-aleutianas e inclúe tres dialectos: o oriental, o atkan, falado nas illas de Atka e Bering; e o extinto da illa de Attu. As illas Pribilof son as que maior número de falantes activos teñen.

O aleutiano escribiuse en alfabeto cirílico dende 1829. A partir de 1870, a lingua foi escrita en alfabeto latino. Foron publicados un dicionario e unha gramática en lingua aleutiana, e algunhas partes da Biblia tamén foron traducidas.[3]

Notas editar

  1. Tina Norris; Paula L. Vines; Elizabeth M. Hoeffel (xaneiro de 2012). "The American Indian and Alaska Native Population: 2010" (PDF). United States Department of Commerce. United States Census Bureau. .
  2. Russian Census 2010: Population by ethnicity Arquivado 04 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (en ruso)
  3. 3,0 3,1 3,2 "Aleut." Ethnologue. Consultado o 3 de febreiro de 2014.
  4. Definición de esquimó-aleutiano, -na no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.