O pirate metal é un subxénero do heavy metal no que os grupos se caracterizan por incorporar mitoloxía pirata na música e na estética das actuacións.[1][2] As letras das cancións adoitan conter xerga pirata[1] e a música combina varios xéneros como o thrash metal,[3] o speed metal,[1] e o folk metal[4] con cantos mariñeiros tradicionais.[1] É habitual que os grupos incorporen ou emulen instrumentos folk tradicionais como as concertinas,[5] e que os membros dos grupos e algúns dos afeccionados se disfracen con roupa de época nas actuacións e concertos.[6] Algúns dos grupos máis populares neste xénero son Alestorm[2][4] e Swashbuckle.[3]

Pirate metal
Orixe musicalSpeed metal, folk metal
Orixe culturalFinais dos anos 1980 en Alemaña, comezos dos anos 2000 en Reino Unido
Instrumentos típicosGuitarra eléctrica, baixo, batería, teclado, instrumentos folk

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Myers, Ben (3 de agosto de 2009). "Scene and heard: Pirate metal". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2010. Consultado o 14 de maio de 2011. 
  2. 2,0 2,1 Gotrich, Lars (18 de setembro de 2009). "Alestorm: Play Metal Like A Pirate Day". NPR. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2011. Consultado o 16 de maio de 2011. 
  3. 3,0 3,1 Bowar, Chad (7 de agosto de 2009). "Swashbuckle Interview: A Conversation With Vocalist/Bassist Admiral Nobeard". About.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2012. Consultado o 15 de maio de 2011. 
  4. 4,0 4,1 Bowar, Chad. "Alestorm - Captain Morgan's Revenge Review". About.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2011. Consultado o 15 de maio de 2011. 
  5. Lane, Jordan. "Verbal Deception: Yo ho ho and a pitcher of Molson". BeatRoute Magazine. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2011. Consultado o 15 de maio de 2011. 
  6. Holmes, Mark (29 de abril de 2009). "Interview with Dani Evans (Alestorm) – Part 1/2". Metal-Discovery. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2011. Consultado o 15 de maio de 2011. 

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.