Pforzheim
Pforzheim é unha cidade no sur de Alemaña, no estado de Baden-Württemberg. A cidade atópase no val do río Enz, no norte da Selva Negra, e ten 122.247 habitantes (2015). É coñecida tamén como a Cidade do Ouro (Goldstadt) debido a que foi durante moito tempo o centro da industria de xoias e reloxos en Alemaña. Aínda que non está situada nel, é a capital do Distrito de Enz.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
Rexión administrativa | Rexión de Karlsruhe | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 127.849 (2022) (1.303,65 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 98,07 km² | ||||
Bañado por | Enz, Nagold e Würm | ||||
Altitude | 273 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Peter Boch (pt) (2017–) | ||||
Membro de | Kommunalverband für Jugend und Soziales Baden-Württemberg (en) Mayors for Peace (en) (1991–) Kommunale Informationsverarbeitung Baden-Franken (en) (–2018) Zweckverband 4IT (en) (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 75172–75181 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 07234 e 07231 | ||||
Código NUTS | DE129 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 082310000000 | ||||
Número de municipio alemán | 08231000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Gernika-Lumo (1989–) Saint-Maur-des-Fossés (1989–) Vicenza (1991–) Częstochowa (2007–) Irkutsk (2007–) Nevşehir (pt) (2007–) Győr-Moson-Sopron (2007–) Osijek (2008–) | ||||
Páxina web | pforzheim.de | ||||
Situación xeográfica editar
A cidade esténdese ao longo de 10 km do val do río Enz, ademais hai barrios que se atopan nos vales do río Nagold (Dillstein e Weissenstein) e Würm (Würm) e en altiplanicies pertencentes á Selva Negra (Sonnenhof, Büchenbronn, Huchenfeld e Hohenwart). O clima é tépedo e semihúmedo no val (media anual: 11 °C) e tépedo-frío e húmido nas altiplanicies (media anual: 8 °C). As diferenzas estacionales son moi pronunciadas: no verán, a temperatura media chega ao 20°, mentres no inverno é de soamente 1°. Nas partes altas da cidade é frecuente a neve.
A cidade forma unha conurbación coas localidades contiguas de Birkenfeld (ao oeste), Ispringen (ao norte) e Niefern-Oeschelbronn (ao nordeste), xuntos chegan a 145.000 habitantes.
Historia editar
Pforzheim foi fundada ao redor do 50 a.C. polos romanos, que se instalaron preto do río nun posto militar chamado Portus, ao redor do cal se desenvolveu o poboado, habitado por unha poboación mixta de celtas e os mesmos romanos. Do imperio romano pasou no século V aos alamáns e no século VI aos francos, o cal non afectou nun principio á composición da poboación, xa que o territorio tivo o status dunha colonia, que debía pagar impostos aos seus colonizadores.
Acabado de chegar o século X, coa fundación do Sacro Imperio pódese dicir que a poboación se xermanizou. A cidade desenvolveuse lentamente até o século XVIII, cando a industria reloxeira instalouse aquí e fixo aumentar a poboación de maneira significativa. En termos relixiosos a cidade apoiou ao movemento protestante de Martiño Lutero, e chegouse a tal grao que a fins do século XVIII, tódolos católicos foron botados da cidade, mentres que refuxiados protestantes do sur de Francia, os valdenses, foron recibidos con mans abertas e instaláronse ao leste de Pforzheim.
A fins do século XIX e a principios do XX comezou unha onda de inmigración desde Italia e Polonia, que modificou a composición étnica da clase obreira. Durante a segunda guerra mundial, Pforzheim a pesar de non producir ningún ben significativo para a industria bélica foi bombardeada con 1.551 toneladas de bombas na noite do 23 de febreiro de 1945 sendo destruída case por completo nun ataque aliado que matou a 20.277 persoas, un terzo da poboación da cidade.
Despois da segunda guerra mundial a cidade foi reconstruída en estilo moderno racionalista. Despois que o bombardeo aliado fixese descender a poboación un 25%, nos anos 50 e 60 a cidade puido recuperar parte da poboación perdida, sobre todo por mor dunha nova onda de inmigración de italianos, españois e turcos, ademais de rusos descendentes de alemáns (os chamados aussiedler). Construíronse novos e modernos barrios como Buckenberg-Haidach para albergar aos novos habitantes. Un novo aumento de poboación "artificial" produciuse nas décadas do 1960 e do 1970, por mor da incorporación das localidades contiguas de Eutingen, Würm, Dillweissenstein, Huchenfeld, Hohenwart e Büchenbronn ao territorio municipal. Nos anos 1990 levaron a cabo unha gran cantidade de obras no centro da cidade para mellorar o seu aspecto, como a modernización da praza central Leopoldsplatz, o Teatro e o centro de Congresos CongressCentrum.
Poboación editar
Dos 118.000 habitantes ao redor de 85.000 habitan a zona central, o resto repártese entre os novos barrios situados nos arredores. Ao redor do 18% son estranxeiros, e un 20% son rusos nacionalizados, o que transforma á cidade nun espazo cultural plural que se reflicte en varios clubs das distintas comunidades de inmigrantes. As minorías máis numerosas son - ademais dos rusos nacionalizados - turcos, italianos, croatas e albaneses, seguindo na orde polacos, iugoslavos, portugueses e españois.
Cultura editar
Os centros culturais máis destacábeis son o teatro central, chamado Stadttheater construído a principios dos anos 90, que tamén conta cun escenario reservado para o under, e o Kulturhaus Osterfeld, que anteriormente foi o teatro máis grande da cidade. O centro cultural independente máis importante é o Kupferdächle, que ofrece cursos para mozos e organiza recitais. Pforzheim ademais conta cunha cantidade de bares e discotecas, a máis tradicional é o Kairo (agora chamado Loewenzahn) situado nun bosque nos arredores.