Pablo Novoa

músico galego

Pablo Novoa, nado en Vigo o 14 de abril de 1961, é un músico multiinstrumentista e produtor discográfico galego que formou parte de diversos grupos como Golpes Bajos nos 80 ou La Marabunta nos 90 e colaborou con outros músicos como Nacho Mastretta, Josele Santiago ou Iván Ferreiro.

Infotaula de personaPablo Novoa
Biografía
Nacemento14 de abril de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , produtor musical , pianista , guitarrista , director musical Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2010006 MySpace: pablonovoa Musicbrainz: 35d8853f-aba2-49fa-b003-38dca38f8b3c Discogs: 661341 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1983, entrou a formar parte do grupo vigués Golpes Bajos como guitarrista, no que estivo até a súa disolución en 1986.[1] Non foi convidado polos dous membros fundadores do grupo (Germán Coppini e Teo Cardalda) para participar na segunda etapa do grupo entre 1997 e 1998.[2]

En 1993 incorporouse ó grupo La Marabunta, no que participou até 1997.

Entre 1998 e 1999 foi responsable da dirección musical do programa Xabarín Club da TVG.

A partir de entón, dedicouse á produción e á colaboración con outros músicos, como Nacho Mastretta, Josele Santiago, Iván Ferreiro, Los Enemigos, Los Ronaldos, Julieta Venegas e Ketama, así como á composición de varias bandas sonoras, destacando a curtametraxe Pamela e o filme Incautos.

En 2003 publicou o seu primeiro disco en solitario, Novoa cruza el Atlántico, baixo o selo Subterfuge Records.[3]

En 2013 produce Enfermedades comunes, disco debut do grupo de pop punk vigués Paracetamol, editado en España por Rumble Records.[4]

En 2014 publica xunto ó guitarrista Nono García o disco instrumental Radio Pesquera, editado da man de El Volcán.[5]

Desde xaneiro de 2016 toca como guitarrista na banda que actúa en vivo, cada noite, no programa de televisión Late motiv de Andreu Buenafuente, que se emite en #0 de Movistar+.

En 2018 colabora e produce o disco tributo a Golpes Bajos de Iván Ferreiro, Cena recalentada, editado polo selo Warner Music Group.[6]

Discografía editar

Con Golpes Bajos editar

  • Golpes bajos (Nuevos Medios, 1983).
  • A santa compaña (Nuevos Medios, 1984).
  • Devocionario (Nuevos Medios, 1985).

Con La Marabunta editar

  • La Marabunta (BMG, 1993).
  • Los cuentos de la Marabunta (1996).
  • La vida en rebajas (1997).

Con Nono García editar

  • Radio Pesquera (El Volcán, 2014).

Bandas sonoras editar

  • Pamela (curtametraxe).
  • Incautos (longametraxe).
  • Só Concertinas (documental).
  • Contrabando (documental).

Carreira en solitario editar

  • Novoa cruza el Atlántico (Subterfuge Records, 2008).

Produción editar

Notas editar

  1. "Ficha de Golpes Bajos en POPes80". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2009. Consultado o 10 de febreiro de 2009. 
  2. "Ficha de Golpes Bajos en MTV.es". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2010. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  3. Páxina de Pablo Novoa en MySpace.
  4. Ficha de Paracetamol en La Fonoteca.
  5. "Ficha de Pablo Novoa en La Fonoteca.". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  6. Entrevista a Iván Ferreiro en Mondosonoro.