Moeda de 10 céntimos de euro

A moeda de 10 céntimos de euro é dunha aliaxe chamada ouro nórdico, que contén un 89 % decobre e, malia o seu nome, carece de ouro. Ten un diámetro de 19,75 mm, un grosor de 1,93 mm e un peso de 4,10 gramos. A súa beira é ondulada (festonada).

Reverso común da moeda de 10 céntimos de euro, deseñado por Luc Luycx

Todas as moedas teñen un anverso específico de cada Estado e un reverso común para toda a eurozona, deseñado por Luc Luycx, gañador dun concurso convocado para ese efecto polo Consello Europeo e resolto na súa reunión de Ámsterdam do 13 de xuño de 1997. Este reverso común tivo un pequeno axuste en 2007.[1][2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar