Maxi Gómez

futbolista uruguaio

Maximiliano "Maxi" Gómez González, nado o 14 de agosto de 1996 en Paysandú, é un futbolista uruguaio, xoga como dianteiro e xoga para o Valencia CF da Liga Santander.

Maxi Gómez
Información persoal
Nome Maximiliano Gómez González
Nacemento 14 de agosto de 1996 (27 anos)
Lugar de nacemento Paysandú
Altura 1,86 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Valencia
Carreira xuvenil
Litoral
2013–2015 Defensor Sporting
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015–2017 Defensor Sporting 47 (28)
2017–2019 Celta de Vigo 49 (25)
2019– Valencia 0 (0)
Selección nacional
2017– Uruguai 12 (2)
Na rede
IMDB: nm9915892 Facebook: maximiliano.gomez.794628 Twitter: gomez_maxi9 Instagram: maxi_gomez9 UEFA: 250116836 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 9 de decembro de 2018.
Selección: actualizado a 6 de decembro de 2018.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Xuvenís editar

Formouse nas categorías inferiores do Club Atlético Litoral, equipo decano da súa cidade natal, Paysandú.

No 2013 viaxou a Montevideo para probarse en Defensor Sporting, estivo unha semana no club e con 17 anos quedou ao recibir o visto e prace dos adestradores.[1]

Integrouse ás formativas do club, a Quinta División, saíron campións do Torneo Clausura sub-17 e gañaron o Campionato Uruguaio 2013 da categoría. Ao ano seguinte, no 2014, Maxi volveu ser campión, esta vez coa sub-19, gañaron tanto o Apertura como o Clausura, polo que se coroaron campións de Cuarta División.

Comezou o ano 2015 no seu segundo ano de Cuarta División, pero na primeira metade da tempada 2015/16, foi ascendido ao cadro de xogadores absoluto.

Defensor Sporting editar

Debutou como profesional o 15 de setembro de 2015, no partido de volta da segunda fase da Copa Suramericana 2015, entrou no minuto 89 por Romario Acuña e derrotaron o Universitario por 1 a 0.[2] ​ Por un global de 4 a 0, Defensor clasificouse para a seguinte fase.

O seu segundo encontro disputouno o 1º de outubro, no partido de volta de oitavos de final, contra Lanús no Franzini, entrou no minuto 70 por Acuña, empataron 0 a 0 e foron aos penaltis porque o partido de ida finalizara sen goles tamén. O equipo arxentino errou o seu primeiro tiro, os uruguaios meteron os catro primeiros lanzados, Maxi tirou o quinto penalti violeta e converteuno en gol, polo que se clasificaron para cuartos de final. Despois de anotar o gol da clasificación, foi entrevistado e declarou:[3] «Foi grazas a eles, aos meus compañeiros, que confiaron en min, e fixen o gol. Fleurquín díxome se quería tirar e díxenlle que si, porque nos inferiores tiro eu, por iso fun, agarrei a pelota e tireino.»

O seu debut en Primeira División foi o 4 de outubro no Gran Parque Central, enfrontáronse ao Nacional, Maxi entrou por Facundo Castro para comezar xogando no segundo tempo, pero perderon 4 a 0.

O 16 de outubro enfrontáronse ao Wanderers no torneo local, anotou o seu primeiro gol oficial pero perderon 3 a 2. Na xornada 11 o seu rival foi Mocidade, anotou o seu primeiro dobrete e gañaron 4 a 1. O 20 de novembro xogou como local contra El Tanque Sisley, volveu anotar por duplicado, pero empataron 2 a 2.

Gómez finalizou o Torneo Apertura 2015 con 8 partidos xogados, 5 goles e 2 asistencias.

A nivel internacional, totalizou 4 partidos xogados, pero foron eliminados en cuartos de final polo Furacán por un global de 1 a 0.

No Torneo Clausura do ano seguinte, estivo presente nas 3 primeiras xornadas, pero perderon en cada encontro.

O 28 de febreiro de 2016, xogouse o clásico entre o Defensor Sporting e o Danubio, foi titular, comezaron gañando cun gol de Felipe, pero finalizou o primeiro tempo 2 a 1 en contra. Na segunda metade, mellorou o equipo, Maxi empatou o encontro no minuto 70, e logo no minuto 98, na última xogada, novamente perforou a portería danubiana, converteu o gol do triunfo, quedou inconsciente por un instante ao recibir un golpe do porteiro, pero recuperouse e gañaron 3 a 2.[4]

A mediados de maio, transcendeu a posibilidade de ser incorporado por River Plate para o segundo semestre do ano.[5][6]

Na xornada 13, xogaron contra El Tanque Sisley o 22 de maio, Maxi anotou 4 goles por primeira vez na súa carreira e gañaron 6 a 5, polo que El Tanque descendeu de categoría.[7]​ Debido á súa grande actuación, foi elixido o xogador da xornada para Tenfield.[8]

O Defensor Sporting finalizou o Torneo Clausura en oitava posición, pero Maxi destacouse con 9 goles en 13 partidos disputados.

Na segunda metade do ano 2016, xogouse o Campionato Uruguaio Especial, un torneo a unha volta, para cambiar o formato da tempada europea por unha anual.

O equipo tivo un comezo irregular, pero nos últimos 7 partidos non coñeceron a derrota, con vitorias importantes ante Nacional e Peñarol, culminaron o Campionato en cuarta posición, o que significou clasificarse para a próxima Copa Suramericana. Maxi defendeu a violeta en 14 oportunidades, marcou 4 goles e brindou 5 asistencias.

Para o Torneo Apertura 2017, mantivo o seu nivel, aínda que nas 2 primeiras xornadas non marcou.

A nivel continental, o 1 de abril, foi titular para enfrontar a Liga de Quito na Casa Branca ante máis de 35000 espectadores na Copa Suramericana, no minuto 50 anotou o seu primeiro gol internacional e finalmente empataron 2 a 2.

O 5 de abril, na competición local, enfrontáronse a Danubio, Maxi marcou por duplicado e gañaron 0-2.

Na xornada 8, recibiron ao Peñarol no Franzini, Gómez anotou un gol pero empataron 2-2.

O Defensor Sporting chegou á xornada 14 con 30 puntos, dous menos que o líder Nacional, club co que se enfrontaron no Franzini. No minuto 32 Sebastián Fernández converteu un gol para os bolsos e finalizou o primeiro tempo co marcador a favor de Nacional 0-1. Na segunda metade, no minuto 47, Gonzalo Bo recibiu un pase de Maxi e converteuno nun gol para empatar o partido, daquela o mesmo Gómez tirou un penalti e puxo o triunfo parcial, 2-1. Xa nos minutos finais, novamente Bo perforou a portería de Esteban Conde e os violetas adiantáronse no marcador por 3-1, co tempo cumprido o xogador tricolor Brian Lozano rematou desde fóra da área e acurtou distancias, pero o partido finalizou 3-2 a favor de Defensor Sporting.[9] Por primeira vez no Torneo Apertura quedaron como líderes, con 33 puntos, a falta dunha xornada.

O Torneo definiuse na última xornada, o 13 de maio de 2017. O Defensor Sporting xogou contra Fénix no Parque Capurro, dependendo de si mesmo para lograr o título. No minuto 20 Maxi abriu o marcador, desde o punto de penalti converteu o primeiro gol do encontro, pero antes de finalizar o primeiro tempo, Cecilio Waterman recibiu un pase preto da metade da cancha, encarou a defensa violeta, colleu cara a un lado e enganchou cara ao outro, penetrou na área e converteu o empate parcial. No segundo tempo mantívose a paridade ata o minuto 78, cando Gómez recibiu un pase de peito de Carneiro, desde o bordo da área rival rematou ao arco, pero desviouse nun xogador, polo que descolocou ao porteiro de Fénix e marcou gol.[10]​ Tras 90 minutos, gañou o Defensor 2 a 1 e coroouse campión do Torneo Apertura 2017,[11]​ colaborou con 11 goles e 3 asistencias en 12 partidos xogados.[12]

O 22 de maio de 2017, foi anunciado como fichaxe do Celta de Vigo para a tempada 2017/18.[13]​ Maximilano Gómez deixou o Defensor Sporting con 52 partidos xogados, 31 goles convertidos e 11 asistencias realizadas.

Celta de Vigo editar

Maxi chegou a España o 25 de xuño de 2017. Ao día seguinte asinou contrato co Real Club Celta de Vigo da Primeira División de España ata 2022 dende entón converteuse nun dos xogadores máis queridos pola afección do Celta.

Estatísticas editar

Clubs editar

  Actualizado e 8 de diciembro de 2018.

Club Div. Tempada Liga Copas
Nacionais
Torneos
Internacionais(1)
Total
Part. Goles Asist. Part. Goles Asist. Part. Goles Asist. Part. Goles Asist.
Defensor Sporting
  Uruguai
2015-16 21 14 4 - - - 4 0 0 25 14 4
2016 14 4 5 - - - - - - 14 4 5
2017 12 10 3 - - - 1 1 0 13 11 3
Total club 47 28 12 0 0 0 5 1 0 52 29 12
Celta de Vigo
  España
2017-18 36 17 4 3 0 0 - - - 39 17 4
2018-19 13 8 4 1 0 0 - - - 14 8 4
Total club 49 25 8 4 0 0 0 0 0 53 25 8
Total carreira 96 53 20 4 0 0 5 1 0 105 54 20
(1)Incluídos os datos da Copa Suramericana (2015, 2017)
Ficha do xogador:[14]

Seleccións editar

  Actualizado o 6 de xullo de 2018.

Selección Tempada Amigables Eliminatorias Copa América Mundial Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Absoluta
2017 2 0 - - - - - - 2 0
2018 3 0 - - - - 2 0 5 0
Total sel. 5 0 - - - - 2 0 7 0
Total carreira 5 0 - - - - 2 0 7 0

Detalle das súas participacións editar

Tripletes editar

Resumo estatístico editar

Competición Partidos Goles Media
Liga 90 49 0,57
Copas Nacionais 3 0 0,00
Copas Internacionais 5 1 0,20
Selección de fútbol do Uruguai 7 0 0,00
Total 105 50 0,48

Notas editar

  1. ElPais. "Un "inconsciente": con 19 años, "Maxi" Gómez hizo historia violeta". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2019-01-19. 
  2. "Defensor vuela en la Copa, 1:0 en Perú" (en castelán). Consultado o 2019-01-19. 
  3. ElPais. "Maxi Gómez: "Fleurquin me dijo si quería patear, y le dije que sí"". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2019-01-19. 
  4. ElPais. "De atrás y en la hora". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2019-01-19. 
  5. "Saul Salcedo". Goal.com (en castelán). 2016-05-13. Consultado o 2019-01-19. 
  6. De 2016, 12 De Mayo. "¿El primer 'tapado'? El uruguayo Maxi Gómez, con escándalo a cuestas, suena en River". Infobae (en castelán). Consultado o 2019-01-19. 
  7. "Defensor ¡6:5! y bajó El Tanque" (en castelán). Consultado o 2019-01-19. 
  8. "Maxi Gómez, el jugador de la etapa" (en castelán). Consultado o 2019-01-19. 
  9. ElPais. "Triunfo dos veces Bueno". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2019-01-19. 
  10. ElPais. "Maximiliano Gómez, el héroe". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2019-01-19. 
  11. "¡¡¡Defensor Sporting Campeón!!!" (en castelán). Consultado o 2019-01-19. 
  12. "Maxi Gómez llevó la bandera a la gloria" (en castelán). Consultado o 2019-01-19. 
  13. "Maxi Gómez, imponente goleador de presente y futuro para el RC Celta". web.archive.org. 2017-05-27. Archived from the original on 27 de maio de 2017. Consultado o 2019-01-19. 
  14. Ficha jugador https://www.bdfutbol.com/es/j/j20265.html

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar