Manuel Amil Barcia

sindicalista e político galego

Manuel Amil Barcia, nado en Santiago de Compostela en 1906 e finado en Pontevedra en 1972, foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaManuel Amil Barcia
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1972 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Secretario Xeral da CNT
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carpinteiro de profesión, asesor dos sindicatos de Santiago de Compostela no primeiro bienio republicano. Destacou como un líder do ramo da construción da CNT na Coruña durante a preparación do movemento revolucionario do 8 de decembro de 1933. Foi detido pola Garda Civil nos primeiros días e, ao saír do cárcere, dedicouse á propaganda dos métodos faístas que propugnaban a revolución. Foi detido novamente en outubro de 1934 pasando un ano na cadea. En decembro de 1935 participou nun mitin no Teatro Rosalía de Castro da Coruña xunto a Claro José Sendón e Federica Montseny. En xullo de 1936 participou no Pleno Nacional como delegado do sindicato de transportes, e alí sorprendeuno o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

Durante a Guerra Civil desempeñou o cargo de xefe de Exército do Centro e colaborou coa Agrupación de Gallegos Libertarios e co seu voceiro Galicia Libre. Cando se iniciaron as sondaxes coas organizacións obreiras e republicanas para formar a Comité de Defensa contra o Goberno de Negrín, o comité nacional da CNT elixiuno para constituír o comité de defensa da organización.

Unha vez acabada a guerra, foi detido no porto de Alacant e trasladado ao campo dos Almendros e despois a Madrid, onde foi xulgado e condenado. Saíu en liberdade en 1940. En 1944 volveu ser detido, cando se dirixía a Francia como informador das organizacións libertarias no exilio, e, de novo en Madrid, foi xulgado e condenado por un tribunal militar. Por unha xestión de Melchor Rodríguez, coñecido como o Ángel Rojo, foi trasladado aos destacamentos penais de Cuelgamuros para incorporarse á construción do Val dos Caídos, dos que fuxiu en 1948. Foi novamente detido e enviado ao penal de El Dueso, do que saíu en agosto de 1956. Dirixiuse á casa da súa irmá en Santiago de Compostela. Viviu máis tarde en Pontevedra, traballando como albanel, onde morreu en 1972.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar