Lourenço

xograr portugués

Lourenço foi un xograr portugués do segundo terzo do século XIII.

Biografía editar

Ao servizo nun longo tempo de Johan Garcia de Guilhade, frecuentou as cortes portuguesa de Afonso III e castelá de Afonso X. Nacido en Portugal, en Terras de Cornelhá, está considerado como galego de espírito porque foi en Santiago onde aprendeu as artes musicais e de poeta. Foi na catedral de Santiago de Compostela onde exerceu de cedo como organista a mediados do século XIII. Pouco máis tarde trasladouse á corte castelá de Afonso X, onde gaña sona como un dos trobadores máis destacados pola súa calidade compositiva e pola arte á hora de improvisar. Despois duns anos, volve outrora a Portugal e triunfa na corte do rei Afonso III.

É autor de 18 textos: 2 cantigas de amor, 7 cantigas de amigo, 1 cantiga de escarnio, contra Pedro Amigo de Sevilha e 8 tenzóns, 2 con Johan Garcia de Guilhade e con Johan Perez de Aboim, Johan Vasquiz de Talaveira, Johan Soarez Coelho, Rodrigo Eanes Redondo, 1 posibelmente con Martin Moxa e unha última cun Pero Garcia, que podemos identificar tanto con Pero Garcia de Ambroa como con Pero Garcia Burgalês.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar