Martin Moxa
Martin Moxa (ou Moya) foi un trobador do século XIII.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1200 (Gregoriano) (823/824 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarDunha das súas composicións dedúcese que era clérigo.[2] Estivo activo na corte de Afonso X. Carolina Michaëlis suxire que era de orixe aragonesa, porén, António Resende de Oliveira sitúa a súa procedencia na localidade castelá de Moya (preto á fronteira coa coroa de Aragón).[3] Xosé Antonio Souto Cabo sostén unha orixe galega ao identificalo en documentación da catedral de Santiago do 1281, segundo esta hipótese sería un cóengo compostelán con propiedades na zona de Padrón, probable fillo de Johan Martins Moxe.[3]
Descoñécese a data da súa morte, con todo, puido falecer a unha idade moi avanzada, xa que a súa lonxevidade foi obxecto de escarnio por parte do xograr Afonso Gómez de Sarria.[4]
Obra
editarConsérvanse dezaoito obras e unha tensón de dubidosa autoría. Son doce cantigas de amor, catro sirventés, e unha cantiga de escarnio e maldicir, ademais dunha composición de difícil catalogación.[5]
Notas
editar- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-12.
- ↑ "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-04-12.
- ↑ 3,0 3,1 ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-12.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-12.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-12.