John Williamson

baloncestista estadounidense

John Lee Williamson, nado o 10 de novembro de 1951 en New Haven, Connecticut e finado o 30 de novembro de 1996 ibídem, foi xogador profesional de baloncesto profesional estadounidense da National Basketball Association (NBA) e da American Basketball Association (ABA). Con 1,88 metros de estatura, xogaba na posición de escolta. O 7 de decembro de 1990 os New Jersey Nets retiraron o seu dorsal como homenaxe.

John Williamson
Posición Escolta
Dorsal 23
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Nacemento 10 de novembro de 1951
Connecticut New Haven, Connecticut
Morte 30 de novembro de 1996
(45 anos) New Haven, CT
Carreira
Universidade New Mexico State (1971–1973)
NBA Draft 1973 / Rolda: 6 / Elección: 96
Por Atlanta Hawks
Tempadas 19731982
Equipo(s)
Estatísticas (NBA e ABA)
Puntos     9 017 (17,5 pp)
Rebotes     1 274 (2,5 pp)
Asistencias     1 441 (2,8 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Traxectoria editar

Universidade editar

John Williamson xogou durante dúas tempadas cos Aggies da Universidade Estatal de Novo México, nas que fixo unha media de 27,2 puntos e 6,3 rebotes por partido.[1] A súa media de anotación é hoxe en día marca da súa universidade, mantendo tamén os de máis puntos nun partido, con 48 logrados contra California en 1972.

Profesional editar

Foi elixido na nonaxésimo sexta posición do Draft da NBA de 1973 por Atlanta Hawks, mais foi descartada a súa contratación, fichando como axente libre polos New York Nets da ABA, onde foi directamente a parar ao quinteto titular. Alí, xunto a xogadores como Julius Erving ou Billy Paultz, conseguiu gañar o campionato, derrotando aos Utah Stars nas Finais. Williamson asinou unha destacábel tempada, promediando 14,5 puntos e 3,2 asistencias por partido, que lle serviron para aparecer no Mellor quinteto de rookies.

Dous anos despois, as Nets repetiron campionato, con Williamson novamente como protagonista. No sexto partido das Finais, que ao cabo sería definitivo, os Denver Nuggets gañaban por 22 puntos a falta de 5 minutos para finalizar o terceiro cuarto. Kevin Loughery, o adestrador das Nets, puxo en pista a Williamson, o cal conseguiu 16 puntos no último período para un parcial de 34-14 que lles daba a vitoria no partido e no campionato. Esa tempada acabou con 16,2 puntos e 2,5 asistencias por partido.

Ao ano seguinte a ABA desapareceu, e o equipo uniuse á NBA. Mediada a tempada foi traspasado a Indiana Pacers a cambio de Darnell Hillman e unha primeira rolda do Draft de 1977 (Bernard King). Tras acabar a tempada coas mellores estatísticas de toda a súa carreira até ese momento (20,7 puntos e 3,7 asistencias por partido), mediada a seguinte regresou ás Nets, xa en Nova Jersey, quen deron a cambio a Bob Carrington e dúas futuras segundas roldas do draft.

O seu regreso non puido ser mellor, xa que nos 33 partidos que disputou da temporada 1977−78 fixo unha media de 29,5 puntos por partido, o máximo da súa carreira. Nos seus dous primeiros partidos tras a súa volta, anotou 40 e 50 puntos ante Atlanta Hawks e Indiana Pacers respectivamente. Mediada a tempada 1979−80 foi traspasado a Washington Bullets a cambio de Roger Phegley, sendo despedido pouco despois de comezar a tempada seguinte, optando por retirarse. O 7 de decembro de 1990, foi homenaxeado polos New Jersey Nets, que retiraron o seu dorsal 23. Á idade de 45, morre debido a un fallo renal relacionado coa diabetes.

Notas editar

  1. "John Williamson Stats". Sports-Reference (en inglés). 4 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 04 de novembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar