Hieronymus Duquesnoy o Vello

Non confundir con Hieronymus Duquesnoy o Novo fillo de Hieronymus Duquesnoy o Vello.
Para outros personaxes co mesmo apelido, ver a páxina de homónimos Duquesnoy.

Hieronymus Duquesnoy o Vello (coñecido tamén polo seu nome de pía en francés: Jérôme), nado na localidade actualmente francesa de Le Quesnoy cara a 1570 e finado en Bruxelas arredor do ano 1641, foi un escultor brabantino da corte de Alberte e Isabel.[1]

Infotaula de personaHieronymus Duquesnoy o Vello
Biografía
Nacemento1570 Editar o valor em Wikidata
Le Quesnoy, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1641 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePaíses Baixos do Sur Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Bruxelas (1600–1641) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosFrançois Duquesnoy Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Traxectoria editar

 
Estatua de Duquesnoy na igrexa de San Martiño de Aalst

Foi un escultor moi influído polas obras do manierismo francés e italiano. Ademais das obras civís para o palacio e os xardíns da corte, logo da eclosión dos iconoclastas protestantes de mediados do século XVI nos Países Baixos, Duquesnoy dedicouse particularmente á elaboración de moblaxe e composicións escultóricas para igrexas, e tamén á súa reconstrución, logo da destrución orixinada polos conflitos relixiosos de finais do século XVI. Entre as súas obras desta orde cómpre salientar a torre do Santo Sacramento da igrexa de San Martiño, de Aalst, na provincia de Flandres Oriental, ergueita por el no corredor do coro, aproximadamente a nivel do altar.[2]

Duquesnoy é tamén o autor dunha alegoría de Xustiza e Verdade, para o municipio flamengo de Halle, e dunha María Madalena feita para o parque do palacio do Coudenberg, en Bruxelas, que foi substituída máis tarde por unha copia e o orixinal pasou a formar parte da colección do museo municipal da antiga casa do Sindicato de Panadeiros, hoxe coñecida como Maison du Roi d'Espagne ("Casa do Rei de España"; en neerlandés: Den Coninck van Spaignien), na Grand-Place de Bruxelas.[3]

Na igrexa gótica de Nosa Señora da Boa Esperanza de Vilvoorde tamén hai un epitafio de mármore, na honra de Henricus van Bronchorst (finado en 1629) cuxa autoría se lle atribúe a Duquesnoy.

No entanto, a súa obra máis famosa non é de carácter relixioso, senón profano: o Manneken Pis, unha popular estatua-fonte de bronce de 1619 que reproduce un neno ouriñando, cuxa copia está situada no centro da vila de Bruxelas e cuxo orixinal se conserva no Museo da Cidade de Bruxelas.[4]

Casou arredor do ano 1595 e foi pai do tamén escultor e arquitecto Hieronymus Duquesnoy o Novo e de François Duquesnoy, que foi tamén un afamado escultor da corte de Alberte VII de Austria.[5]

Notas editar

  1. "Oilsjtgoistad: Hieronymus of Jerome Duquesnoy de oudere". Oilsjtgoistad. vrijdag 31 mei 2019. Consultado o 2023-05-26. 
  2. La sculpture au temps de Rubens. Museo de Arte Antiga (Musée d'Art ancien). Bruxelas, 15 de xullo - 2 de outubro de 1977. Páxinas 85-86 (limiar de Philippe Roberts-Jones e René De Roo) (en francés)
  3. Vlieghe, H. Flemish art and Architecture 1585-1700. Capítulo 11: Sculpture. Yale University Press. 1998. Páxina 233 [ISBN 0-300-07038-1] (en inglés)
  4. Información sobre o Manneken Pis. En IlotSacre.be (en castelán)
  5. Hadermann-Misguich, L. Les Du Quesnoy. Editions J. Duculot. Gembloux, 1970. Páxinas 7-14 (en francés)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • De Busscher, E. "Les sculpteurs De Quesnoy, Delvaux, Calloigne". En Annales de la Société Royale des Beaux Arts. Gante, 1877 (en francés)
  • Philippot, P. et al. L'architecture religieuse et la sculpture baroques dans les Pays-Bas méridionaux et la principauté de Liège 1600-1770. Éditions Mardaga. Wavre, 2003. Páxinas 769-771 [ISBN 978-2-87009-838-7] (en francés)

Outros artigos editar