Gumersindo Galego Feal

político galego

Gumersindo Pedro Galego Feal, nado en Fene en 1962, é un político galego do PPdeG.

Infotaula de personaGumersindo Galego Feal
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Fene, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Fene
2018 – 2020
← Juventino Trigo ReyJuventino Trigo Rey →
Alcalde de Fene
2011 – 2015
← Iván Puentes RiveraJuventino Trigo Rey → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Fene Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiGumersindo Galego Veiga Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Gumersindo Galego Veiga, que foi alcalde de Fene no franquismo. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Fene e foi elixido alcalde ao encabezar a lista máis votada até o ano 2015.[1] O 6 de abril de 2018 foi nomeado novamente alcalde tras prosperar unha moción de censura impulsada polo PP contra Juventino Trigo Rey (do BNG).[2] Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía como cabeza da lista máis votada,[3] pero perdeuna tras unha moción de censura en febreiro de 2020, que lle devolveu a alcaldía ó nacionalista Juventino Trigo Rey.[4]

Notas editar

  1. Gumersindo Pedro Galego Feal (PP) elegido alcalde de Fene
  2. "Gumersindo Galego, novo alcalde de Fene ao prosperar a moción de censura impulsada polo PP". Nós Diario. 6 de abril de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2018. Consultado o 6 de abril de 2018. 
  3. Concello de Fene na FEGAMP
  4. Redacción (7 de febreiro de 2020). "O PP perde a Alcaldía de Fene, que pasa ao BNG". nosdiario.gal. Consultado o 16 de abril de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar