Giulio Caccini

compositor italiano

Giulio Caccini (tamén coñecido como Giulio Romano), nado o 8 de outubro de 1551 en Tívoli e finado o 10 de decembro de 1618 en Florencia, foi un compositor, arpista e cantante italiano. Foi un dos fundadores da ópera e un dos compositores que máis influenciaron o estilo Barroco. Viviu gran parte da súa vida en Florencia, onde estivo 37 anos ao servizo da familia Medici.

Infotaula de personaGiulio Caccini
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1551 Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Morte10 de decembro de 1618 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Florencia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGran Ducado de Toscana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , teórico da música , profesor de música , cantante , musicólogo , cantante de ópera Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1589 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoRenacemento e Música barroca Editar o valor em Wikidata
MovementoMúsica renacentista e Música barroca Editar o valor em Wikidata
ProfesoresScipione della Palla (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosFrancesca Caccini Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor Editar o valor em Wikidata

InstrumentoViola da gamba (pt) Traducir e voz Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLucia Caccini
FillosFrancesca Caccini, Settimia Caccini (pt) Traducir, Pompeo Caccini (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsGiovanni Battista Caccini (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Spotify: 3LMilbpKFGjuB4mJllE5Oo Musicbrainz: e92c6fab-5dd0-4cd5-889b-88075c5a4c18 Songkick: 490203 Discogs: 649494 IMSLP: Category:Caccini,_Giulio Allmusic: mn0000987574 Find a Grave: 20398284 Editar o valor em Wikidata

Onde verdadeiramente destacou foi na súa faceta como cantante, mesmo ensinou canto á súa segunda muller, Lucía e ás súas dúas fillas, unha das cales, Francesca, chegou a ser unha famosa compositora e cantante.

Traxectoria editar

Pouco se sabe dos seus primeiros anos de vida, sendo certo que naceu en Tívoli (preto de Roma), fillo do carpinteiro Michelangelo Caccini, que era o irmán máis vello do escultor florentino Giovanni Caccini. En Roma estudou laúde, viola e arpa, e comezou a adquirir reputación como cantor. Na década de 1560, Cosimo I de Medici quedou tan impresionado co seu talento que levou ao xove Caccini a Florencia para poder ampliar os seus estudos. Foi discípulo de Scipione della Palla en canto e laúde, e arredor de 1564 entrou na corte do Gran Duque de Toscana como músico, cantante e instrumentista.

En 1579, Caccini era xa cantor na Corte dos Médici. Era tenor e acompañábase coa viola; cantaba para entreter á corte e tamén en vodas. Compuxo suntuosos intermezzos, elaborou espectáculos musicais dramáticos e visuais, ou sexa, aquilo que máis tarde se denominaría ópera. Tamén formou parte de movementos humanistas, de escritores, de músicos e de escolas do mundo occidental, sendo cofundador da Camerata Florentina (un grupo que se reunia en casa do Conde Giovanni Bardi, e que se adicaba a descubrir a gloria, supostamente perdida, da música dramática grega). Cun conxunto de intelectuais e talentos, a Cámara desenvolveu o concepto de monodia (unha liña vocal acompañada de acordes relatívamente simples dun ou máis instrumentos), que era un comezo revolucionario para a práctica polifónica no Renacemento.

Nas dúas últimas décadas do século XVI, Caccini continuou as súas actividadees como cantor, profesor e compositor. Como profesor era subestimado, xa que empregaba un novo método. Foi el quen ensinou ao castrato Giovanni Gualberto Magli, que interpretaría o papel de Orfeo na ópera homónima de Claudio Monteverdi.

Como persoa, Caccini non parece ter sido moi honorable, xa que era frecuentemente movido pola envexa e os celos. En 1575 denunciou ao Gran Duque Francesco por un escándalo na familia dos Medici: Eleonora, dona de Pietro de Medici estaba a ter relacións ilícitas con Bernardino Antinori, e o feito de que Caccini informara do caso conduciu a que Eleonora morrera a mans de Pietro. Probablemente entón dirixiuse cara Ferrara. Catro anos despois regresou a Florencia para participar na composición da música de Maschere d’amazzoni de Ottavio Rinuccini, ofrecido con ocasión do matrimonio entre Francisco I de Medici e Bianca Cappello. En 1589 colaborou nos intermedios que festexaban a voda de Ferdinando con Cristina de Lorena. A súa fama fixo que fora invitado á Corte de Francia entre 1604 e 1605.

Caccini fixo unha última viaxe a Roma en 1592 como secretario do Conde Bardi onde, segundo os seus propios escritos, a súa música e o seu canto obtiveron unha resposta entusiasta. Porén, en Roma, a Casa de Palestrina e a Escola Romana eran musicalmente conservadores e a música de Caccini era relatívamente rara ata finais de 1600.

A súa rivalidade con Emilio de Cavalieri e Jacopo Peri parece ter sido moi intensa: posiblemente retirou a Cavalieri do seu posto de director das festividades para o casamento de Henrique IV de Francia e María de Médici en 1600, feito que fixo que Cavalieri saíse de Florencia encolerizado. Tamén apresurou a impresión da súa ópera Euridice para que fose rematada antes que a ópera de Peri que trataba do mesmo asunto, ao mesmo tempo que ordenaba ao seu grupo de cantantes que non traballaran nas producións de Peri.

Despois de 1605 influenciou pouco á música; non obstante, continuou a compoñer e a facer actuacións de música sacra. Morreu en Florencia e está sepultado na Igrexa de Santa Annunziata.

Música e influencias editar

Florencia e Venecia eran dous dos máis progresistas centros musicais de Europa ata finais do século XVI, e a combinación das innovacións musicais de cada lugar, deu lugar ao desenvolvemento do que sería coñecido como o estilo Barroco. As composicións de Caccini eran para crear un tipo de expresión directa da música, sendo máis doado percibir aquilo que o cantante dicía, converténdose deste xeito nun estilo de ópera recitativa, que influíu en moitos outros estilos textuais da Música Barroca.

Le nuove musiche editar

A música de Caccini que máis influíu a compositores posteriores foi a colección de monodias e cancións para voz a solo e baixo continuo, publicada en 1602, titulada Le nuove musiche. A introdución a este volume é prováblemente a máis clara descrición de motivo e máis correcta presentación de monodia do seu tempo.

 
Euridice.

Inclúe exemplos de ornamentos – por exemplo, como unha pasaxe específica pode ser ornamentada de formas diferentes, tendo en conta a emoción que o cantante queira transmitir. Caccini expresouse descontento coa ornamentación empregada polos cantantes e compositores do seu tempo.

Óperas editar

Caccini compuxo tres óperas – Euridice (1600), Il rapimento di Cefalo (1600) e Euridice (1602), non obstante, a primeira contiña música que non era da súa autoría (era principalmente de Peri). Tamén engadiu a música para un intermedio (Io che dal ciel cader farei la luna) en 1589; e dúas coleccións de cancións de madrigais, tamén tituladas Le nuove musiche, en 1602 e 1614.

Non se conservou música para varias voces, pero escritos da época fan referencia a que Caccini estivo involucrado na música policoral contra o ano 1610. Caccini foi predominantemente un compositor de cancións para voz a solo, coas que adquiriu unha gran fama. O máis famoso dos seus madrigais é “Amarilli, mia bella”.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Article "Giulio Caccini", in The New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. 20 vol. Londres, Macmillan Publishers Ltd., 2001. ISBN 1-56159-174-2
  • Gustave Reese, Music in the Renaissance. Nova York, W.W. Norton & Co., 1954. ISBN 0-393-09530-4
  • Manfred Bukofzer, Music in the Baroque Era. Nova York, W.W. Norton & Co., 1947. ISBN 0-393-09745-5
  • Giulio Caccini, Le nuove musiche, tr. John Playford and Oliver Strunk, in Source Readings in Music History. New York, W.W. Norton & Co., 1950.

Ligazóns externas editar