Francesca Caccini
Francesca Caccini naceu en 1587 en Florencia, Italia e morreu en 1640 en Florencia, Italia. Pertence á época do movemento artístico do Renacemento. Foi cantante, compositora, profesora de música, escritora, laudista, poetisa e a primeira muller en compoñer unha ópera. Tamén ás veces coñecida como a Ceccina.
Francesca Caccini | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de setembro de 1587 |
Lugar de nacemento | Florencia |
Falecemento | 1640 e post. 1641 |
Lugar de falecemento | Florencia |
Nacionalidade | Gran Ducado de Toscana |
Ocupación | compositora, poeta, lutenist, escritora, cantante de ópera, professor de música e actriz |
Pai | Giulio Caccini |
Nai | Lucia Caccini |
Irmáns | Settimia Caccini |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
No século XVII era pouco común que unha muller tivese semellantes coñecementos, a non ser que os obtivera na casa. Este foi o caso de Francesca, filla de Giulio Caccini, (un compositor italiano o cal a iniciou no mundo da música) e Lucia di Filippo Gagnolandi unha cantante, tamén italiana. De feito, a súa carreira comezou con actuacións en familia, coñecidas como o Concerto Caccini,pero máis adiante formou grupo con súa irmá Settimia e o executante romano Vittoria Archile. A súa primeira actuación en público como cantante foi na banda de Henrique IV de Francia e de María de Médicis en 1600; onde seu pai participa na organización e composición da música para a cerimonia.
No 1604, a familia Caccini ao completo viaxou a Francia. O rei Henrique IV quedou impresionado cas súas actuacións e propúxolles que se quedara na súa corte. Porén, os funcionarios florentinos opuxérons,e ela regresou a Italia,onde a súa fama sigueu crecendo. Pouco tempo despois,atraeu a atención de Claudio Monteverdi, impresionado polo seu canto. No 1607 contraeu matrimonio cun membro do Camerata florentino, Giovanni Battista Signoni.
Durante este tempo empezou a desenrolar a súa habilidade como compositora. Conxuntamente co libretista Michelangelo Buonaroti (sobriño do artista) escribiu música para moitos intermedios da Corte dos Médicis e tamén empezou a escribir as recentemente estreadas óperas. Antes de 1618 era un dos empregados mellor pagados da Corte e cobraba máis que seu pai.
No 1625, obtivo un dos seus maiores éxitos coa ópera La liberazione di Ruggiero dall'isola d'Alcina,composta para a visita do príncipe Ladislaus Sigismondo, ópera que foi interpretada alí mesmo en Varsovia no 1628, sendo esta a primeira ópera italiana representada fóra das fronteiras. Os datos dos últimos anos da súa vida son escasos. Existen documentos nos que aparece unha Francesca Caccini, esposa dun senador, morta en 1640, aínda que outras fontes datan a súa morte no 1630.
Obras editar
Francesca escribiu cinco óperas, das cales catro se perderon (soamente sobreviviu "La liberazione di Ruggiero[1]", a primeira ópera italiana representada fóra das súas fronteiras). Igualmente, compuxo obras relixiosas, seculares, vocais e instrumentais. A única colección que perdura é unha publicación de 1618, "II primo libro delle musiche[2]". Ela escribía claramente para a súa propia voz e a súa capacidade.
Bibliografía editar
- Sadie, Julie Anne e Samuel, Rhian (1995). The Norton/Grove Dictionary of Women Composers. W. W. Norton & Company.
Notas editar
- ↑ Rudi Nuzzolese (2013-07-29). "Francesca Caccini 1/2 'La liberazione di Ruggiero dall'isola d'Alcina' (1996) Pro Musica Camerata". Consultado o 2019-04-23.
- ↑ Henriette Feith & David Van Ooijen - Topic (2015-07-02). "O, Che Nuovo Stupor". Consultado o 2019-04-23.