Giorgio Chiellini

futbolista italiano

Giorgio Chiellini, nado en Pisa o 14 de agosto de 1984, é un futbolista italiano que xoga de defensa. Milita dende 2005 na Juventus da Serie A, equipo do que é o capitán e o terceiro xogador con máis partidos na súa historia, só por detrás de Alessandro Del Piero e Gianluigi Buffon. Gañou co club piemontés nove ligas italianas consecutivas, cinco Copas de Italia e cinco Supercopas de Italia, ademais de alcanzar dúas finais da Liga de Campións. Foi incluído cinco veces no Equipo do Ano na Serie A e gañou tres veces o premio ao Defensa do Ano na Serie A. En 2013 foi clasificado como sétimo mellor xogador do mundo por Bloomberg.[1]

Giorgio Chiellini
Información persoal
Nome Giorgio Chiellini
Nacemento 14 de agosto de 1984 (39 anos)
Lugar de nacemento Pisa
Altura 1,86 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Juventus
Número 3
Carreira xuvenil
1990–2000 Livorno
2000 Milan
2003 Roma
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2000–2004 Livorno 55 (4)
2004– Juventus 420 (27)
2004–2005 Fiorentina 37 (3)
Selección nacional
2000 Italia sub-15 8 (0)
2000–2001 Italia sub-16 12 (2)
2001 Italia sub-17 1 (0)
2002 Italia sub-18 6 (1)
2001–2003 Italia sub-19 18 (1)
2003–2007 Italia sub-21 26 (6)
2004 Italia olímpica 2 (0)
2004– Italia 116 (8)
Na rede
http://www.giorgiochiellini.com/
Facebook: GiorgioChielliniOfficial Twitter: chiellini Instagram: giorgiochiellini Youtube: UCXdsreXIlmgxSeFhUqZ4V9w FIFA: 215274 UEFA: 59142 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de abril de 2022.
Selección: actualizado a 15 de abril de 2022.editar datos en Wikidata ]

É internacional coa selección nacional de Italia dende 2004, sumando 116 partidos coa camiseta azzurra, coa que disputou dúas Copas do Mundo e catro Eurocopas, e á que capitaneou na conquista da Eurocopa de 2020.

Notas editar

  1. "Messi and Ronaldo joined by Ribery in top three of new list of Europe's top 50 stars". Sky Sports. 12 de xuño de 2013. Consultado o 14 de xuño de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar