Fernando Villamarín Rodríguez

avogado e político galego

Fernando Villamarín Rodríguez, finado en Vigo o 16 de xaneiro de 1957,[1] foi un avogado e político galego. Deputado do Congreso, foi tamén o fundador e primeiro decano do Colexio de Avogados de Vigo el 1932. Tiña seu despacho na rúa Doutor Cadaval de Vigo, onde actualmente exerze o seu bisneto, Pepe Molina, baixo o nome Bufete Molina.

Infotaula de personaFernando Villamarín Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Morte16 de xaneiro de 1957 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

1 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Avogado en Vigo, foi xuíz municipal de Gondomar (1909).[2] Foi proclamado deputado provincial polo distrito de Vigo-Tui en 1917. En 1932 foi un dos fundadores e primeiro presidente da Asociación Profesional e despois Colexio Oficial de Avogados de Vigo. Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo Partido Republicano Conservador nas eleccións xerais de 1933.

Vida persoal editar

 
Fernando Villamarín, Vida Gallega, 1934.

Casou en Vigo con Sara Bobillo Soutelo, filla de Juan Bobillo Gándara, en 1912,[3] e foi pai de Modesto, Fernando, María del Pilar, María de la Concepción e María de la Asunción Villamarín Bobillo.

Tiña o seu despacho en Vigo, na rúa Doutor Cadaval, onde actualmente o dirixe o seu bisneto Pepe Molina Bandín, con nome Bufete Molina.

Notas editar

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 17-1-1957, p. 9.
  2. La Correspondencia Gallega, 8-11-1909, p. 2.
  3. El Diario de Pontevedra, 11-11-1912, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar