Economía das Illas Salomón

A economía das Illas Salomón depende principalmente da agricultura, da pesca e da extracción forestal. As illas son ricas en depósitos minerais, principalmente chumbo, zinc, níquel e ouro.[1] A maioría da poboación das Illas Salomón depende da agricultura, pesca e/ou da explotación forestal durante polo menos parte da súa vida.[1] Segundo estimativas do ano 2000 máis do 75% da súa forza laboral dedícase á agricultura de subsistencia e a pesca.

Economía de Illas Salomón
Moeda Dólar das Illas Salomón
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Sparteca
Datos estatísticos[1]
PIB 1 922 millóns (2012)
Posición do PIB 193ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 7,4% (2012)
PIB per cápita $ 3 400 (2012)
PIB por sector agricultura 33,4%, industria 9,3%, comercio e servizos 57,4% (2012)
Inflación 4% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 202.500 (2007)
Forza de traballo por sector agricultura 75%, industria 5%, comercio e servizos 20% (2000)
Desemprego dato non dispoñíbel
Industrias pesca (atún), minería, madeira
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 226,5 millóns (2010)
Produtos de exportación madeira, peixe, copra, aceite de palma, cacao
Principais mercados República Popular da China 52,4%, Australia 12,1%, Tailandia 4,5% (2011)
Importacións 360,3 millóns (2010)
Principais produtos importados alimentos, fábricas e equipamentos, manufacturados, combustibles, produtos químicos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 166 millóns (2004)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Ata 1998, cando os prezos mundiais das madeiras tropicais caeron abruptamente, a madeira era o maior produto de exportación, e nos últimos anos, os bosques das Illas Salomón foron perigosamente sobreexplorados. Outros cultivos importantes e exportacións son a copra e o aceite de palma. En 1998, Ross Mining de Australia comezou a producir ouro na rexión de Guadalcanal. A exploración de minerais noutras áreas continúa. Con todo, a raíz da violencia étnica en xuño de 2000, as exportacións de aceite de palma e ouro cesaron, mentres que as exportacións de madeira caeron. Antes da chegada da Misión de Asistencia Rexional para as Illas Salomón - RAMSI - a intensa violencia étnica, a pechadura de importantes negocios e o vaciamento das arcas do goberno culminaron en colapso da economía.[1] Os esforzos da RAMSI con miras a restaurar a lei e a orde e deixar a situación económica estable levaron a un crecemento modesto mentres a economía era reconstruída.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 14/09/2016. Consultado o 1/6/2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).