Dolmen de Cabaleiros

O dolmen de Cabaleiros, tamén chamado Casa da Moura, Casa dos Mouros ou Couza do Cacheiro, é un monumento megalítico situado na parroquia de Cabaleiros, pertencente ao concello coruñés de Tordoia, comarca de Ordes[2].

Dolmen de Cabaleiros
Ben de Interese Cultural
Localización
PaísGaliza Galiza
concelloTordoia
Coordenadas43°05′49″N 8°33′01″O / 43.0969, -8.55033Coordenadas: 43°05′49″N 8°33′01″O / 43.0969, -8.55033
Datos xerais
Data15-04-1978
CategoríaMonumento
CódigoRI-51-0004272-00000[1]
ConstruciónPrehistoria -
EstiloMegalitismo
Mapa de localización
Dolmen de Cabaleiros en Galicia
Dolmen de Cabaleiros
Dolmen de Cabaleiros

O dolmen é propiedade da Deputación da Coruña e foi declarado en 1975 Monumento Histórico Artístico[3], considerándose na actualidade como Ben de Interese Cultural[4]

Descrición editar

Está sobre un túmulo dun diámetro aproximado de 30 metros e dous metros de altura. O dolmen está formado por sete ortóstatos máis a lousa de teito de 4×3,40 m. A cámara é poligonal aberta con corredor orientado ao leste. Está datado no terceiro milenio antes da era actual.[5]

Ocupación e asentamento editar

A existencia deste dolmen na área de Tordoia indícanos que o grupo étnico do período megalítico asentado na zona era un dos máis importantes. Dise tamén que estas construcións colocábanas para delimitar territorios asentados, que tras facer unha selección para os pastos e cultivo, queimaban zonas de arboleda, e sobre as súas cinzas dedicábano á agricultura. Este dato podería ser bastante preciso debido á orografía do terreo e á calidade dos os seus pastos que repercute na súa actividade económica, gandeira e os cultivos forraxeiros[6]

Lenda editar

Este dolmen, chamado tamén Casa da Moura, porque segundo conta unha lenda, unha moura, trasladou a pedra de 4,60 metros de longo sobre a cabeza, mentres tecía un vestido[7]

Situación editar

Localización: editar

Sita na Avenida do Dolmen s/n, parroquia de Cabaleiros.

Coordenadas: editar

43.096922, -8.550280

Accesos: editar

  • CP 8401 – PK 4,3 dende Santiago
  • CL 4130 dende Ordes, Cerceda e Carballo
  • AC 400 dende Santa Comba e Val do Dubra
  • CP 1914 dende Coristanco, Carballo e Santiago

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. base de datos de bienes inmuebles, Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
  2. Deputación da Coruña (ed.). "Dolmen de Cabaleiros". Consultado o 31 de agosto de 2013. 
  3. Toledo, Mar. el correo gallego.es, ed. "Seis mil años de vida del Dolmen de Cabaleiros". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 1 de setembro de 2013. 
  4. Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)". abert@s. Arquivado dende o orixinal (csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 
  5. "Dolmen de Cabaleiros". Patrimonio Galego. 14-09-2011. Consultado o 30-04-2018. 
  6. "Dolmen de Cabaleiros. Turismo de Tordoia". Concello de Tordoia. Consultado o 21/08/2020. 
  7. Vaqueiro, Víctor (1998). Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria. Ed. Galaxia. p. 139. ISBN 84-8288-205-8. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar