Desfiladeiro dos Gaitanes

Coordenadas: 36°54′57″N 4°46′21″O / 36.91583333, -4.7725

O desfiladeiro dos Gaitanes é un canón escavado polo río Guadalhorce na provincia de Málaga, en Andalucía, entre os termos municipais de Ardales, Antequera e Álora. Ten acceso desde o norte polos encoros do Guadalhorce, e desde o sur pola aldea de El Chorro. Nos tramos máis angostos, tan só ten 10 metros de anchura e alcanza máis de 400 metros de altura.

Acceso sur ao desfiladeiro dos Gaitanes
Desfiladeiro dos Gaitanes.

Historia editar

A construción dunha canle de auga desde os encoros do norte ata El Chorro, para aproveitar aquí o desnivel nunha central hidroeléctrica, levou aparellado un camiño de mantemento da devandita canle, coñecido como Caminito del Rey porque a obra foi inaugurada polo rei Afonso XIII o 21 de maio de 1921. Este camiño de máis de 3 quilómetros de lonxitude ten unha parte vertixinosa, de barras de aceiro e plataformas de formigón cravadas na parede vertical e unha ponte sobre o mesmo desfiladeiro sobre a canle de auga. O camiño rehabilitado abriuse ao público o 28 de marzo de 2015.

Ata a chegada do AVE, o desfiladeiro era o único acceso ferroviario a Málaga capital desde o interior de España, cun largo túnel escavado na parede leste do desfiladeiro. Na actualidade existe outro túnel de 1 quilómetro, máis ao leste, baixo a serra de Huma, para o acceso ferroviario do AVE.

Cine editar

A paraxe foi obxecto dalgunhas rodaxes cinematográficas:

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar