Corleone
Corleone (en siciliano: Curliùni) é unha vila de preto de 11.000 habitantes situada na Cidade Metropolitana de Palermo, en Sicilia, Italia. É coñecida mundialmente por ser o lugar de nacemento de varios personaxes ficticios da novela de Mario Puzo The Godfather, entre eles o protagonista Vito Andolini Corleone.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Italia | |||
Rexión con estatuto especial | Sicilia | |||
Cidades metropolitanas | Cidade metropolitana de Palermo | |||
Capital | Corleone | |||
Poboación | ||||
Poboación | 10.364 (2023) (45,17 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 229,46 km² | |||
Altitude | 600 m | |||
Comparte fronteira con | Campofelice di Fitalia (pt) Monreale (pt) Palazzo Adriano (pt) Prizzi (pt) Roccamena (pt) Mezzojuso (pt) Chiusa Sclafani (pt) Godrano (pt) Campofiorito (pt) Contessa Entellina (pt) Bisacquino (pt) | |||
Santo padrón | Leoluca (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 90034 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 091 | |||
Identificador ISTAT | 082034 | |||
Código catastral italiano | D009 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | comune.corleone.pa.it |
Foi capital dun dos distritos do Reino das Dúas Sicilias. A súa importancia histórica débese a súa posición estratéxica, a medio camiño da vella estrada que liga Palermo e Agrigento, e á súa produción agrícola, sendo un dos principais produtores de trigo da illa.
Crime editar
A localidade é coñecida por ser a vila natal dalgúns dos xefes de Cosa Nostra, como Michele Navarra, Luciano Leggio, Leoluca Bagarella, Salvatore Riina ou Bernardo Provenzano. Isto inspirou ao novelista Mario Puzo a ambientar nesta vila parte da súa novela The Godfather, adaptada ao cine por Francis Ford Coppola.
O crime organizado dominou á localidade durante décadas, e só recentemente algúns segmentos da poboación protestaron contra a súa influencia. Dende a década de 1990 véñense desenvolvendo moitas campañas de sensibilización e de educación por parte de asociacións de voluntariado sen fins lucrativos.
O 10 de agosto de 2016, o Goberno italiano ordenou disolver o Executivo Municipal polos seus nexos coa Mafia, sendo este o cuarto executivo disolto por estes motivos durante o goberno de Matteo Renzi.[1]
Notas editar
- ↑ "Disuelven el Gobierno de Corleone por la infiltración de la mafia". Europa Press (en castelán). 11 de agosto de 2016.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corleone |