Batalla de Chocontá

Coordenadas: 5°09′N 73°41′O / 5.150, -73.683

A batalla de Chocontá foi unha batalla que se produciu no seo do conflito entre os muiscas do norte e do sur da confederación muisca, na precolombiana do centro de Colombia. A batalla produciuse c. 1490 en Chocontá. Enfrontáronse un exército de 50 000 güechas do sur, liderados polo zipa Saguamanchica, e 60 000 güechas do norte liderados polo zaque Michuá, quen tamén contaba co apoio do cacique de Guatavita.

Batalla de Chocontá
Parte de Guerras da Confederación muisca

Batalla de Chocontá, por Lucas Fernández de Piedrahita (1676)
Data (~1490)
Lugar Chocontá, territorio muisca
Resultado Vitoria do zipa.
Belixerantes
Zipazgo dos muiscas do sur Zacazgo dos muiscas do norte
Líderes
Saguamanchica Michuá
Forzas en combate
~50 000[1] ~60 000[2]
Mapa dos territorios muiscas. Chocontá atópase na fronteira do territorio do zipa (verde) e a área vermella.

Contexto editar

 
O zipa Saguamanchica.
 
O zaque Michuá.

Nas décadas anteriores á chegada e invasión dos conquistadores españois ás terras altas centrais de Colombia, a área estaba gobernada por dous grupos principais: o zacazgo da rexión muisca do norte e o zipazgo da rexión muisca do sur. Se ben as dúas faccións estaban unidas nunha confederación, libraban numerosas guerras para dominar o terreo e obter acceso aos recursos da zona, principalmente ouro, cobre e esmeraldas.[3]

Os muiscas do norte habitaban a área que aproximadamente se corresponde co actual departamento de Boyacá, mentres que os muiscas dos sur vivían no actual departamento de Cundinamarca. A capital do zaque era Hunza, actual Tunja, e a do zipa era Bacatá, que máis tarde se convertería na capital de Colombia, Bogotá.[2]

Batalla editar

O exército sureño de güechas de Saguamanchica reuniuse preto de Chocontá para enfrontar a Michuá. A batalla durou tres horas e foi considerada como especialmente sanguenta. Os líderes dos dous exércitos morreron durante a loita, mais o zipazgo dos muiscas do sur saíu vitorioso. Quemuenchatocha converteuse no novo zaque de Hunza e o zipa de Bacatá foi sucedido por Nemequene.[1][2]

A batalla foi un dos primeiros actos de guerra muisca rexistrados polo bispo e cronista Lucas Fernández de Piedrahita.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Biografía de Saguamanchica – Pueblos Originarios (en castelán)
  2. 2,0 2,1 2,2 Historia dos muiscas Arquivado 28 de outubro de 2020 en Wayback Machine. – Banco da República (en castelán)
  3. Muisca history; natural resources – Pueblos Originarios (en castelán)
  4. Adolfo Constenla Umaña, 1996 – Poesía Tradicional Indígena Costarricense (Editorial de la Universidad de Costa Rica) (en castelán)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar