Guy Môquet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: right|thumb|400px Guy Môquet, nado o 26 de Abril de 1924 e morto o 22 de Outubro de 1941, foi un militante comunista, famos...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 31 de outubro de 2008 ás 11:57

Guy Môquet, nado o 26 de Abril de 1924 e morto o 22 de Outubro de 1941, foi un militante comunista, famoso por se-lo máis novo dos vintesete prisioneiros do campo de Châteaubriant fusilados en represalia pola morte de Karl Hotz. Califícaselle a miudo de membro da Resistencia francesa, mais tal afiliación é disputada entre os historiadores.


A familia Môquet

Guy Môquet era fillo de Prosper Môquet, un sindicalista ferroviario e deputado comunista polo distrito 17 de París. Dado que o Partido Comunista Francés fora disolto polo seu apoio ao Pacto Molotov-Ribbentrop, Prosper foi arrestado o 10 de Outubro de 1939 e posteriormente expulsado do seu cargo e enviado a un campo de concentración francés na Alxeria.

Biografía

Guy Môquet era un fervente militante das xuventudes comunistas, coñecido no seu círculo pola súa afición a escribir poemas e a súa habilidade en varias disciplinas deportivas.

Os comunistas franceses adoptaran a postura da URSS, que consideraba a guerra un conflicto imperialista oposto aos intereses da clase obreira. Numerosos militantes comunistas, entre eles o pai de Guy Môquet, foron apresados por esta negativa baixo a acusación de sabotaxe. Tra-la derrota francesa, os ocupantes alemáns mantiveron na cadea aos comunistas presos baixo a III República. Este feito afianzou a Guy Môquet na súa militancia. Si ben ata entón mantiverase agachado coa súa nai e o seu irmán fóra de París, decide regresar alí París en 1939. Reivindica a liberación do seu pai e, tra-la instauración do réxime de Vichy, prosigue unha campaña de oposición ao goberno e distribución de propaganda. É arrestado con dezaseis anos o 15 de Outubro de 1940 na estación de metro parisino Gare de l'Est por tres policías franceses en aplicación do decreto chamado Lei Daladier contra a propaganda comunista. É enviado ao campo de Châteaubriant, onde entra en contacto con outros militantes comunistas.

O 20 de Outubro de 1941, Karl Hotz, comandante das tropas de ocupación en Nantes, é executado por mozos comunistas. O xeneral von Stülpnagel, comandante das forzas de occupación en Francia, decide tomar en represalia a cinconta reféns, escollidos polo ministro do interior do goberno de Pétain, Pierre Pucheu, entre os prisioneiros políticos do momento. O máis novo de eles era Guy Môquet, que sufriría un esvaecimento na execución que tivo lugar dous días despois. Ante a tentativa de protección por parte dos seus compañeiros presos, il afirmou que era tan comunista como os demáis, rexeitando a posible axuda.

Correspondencia

Durante todo o seu periodo de detención en Châteaubriand, Guy Môquet mandou unha considerable cantidade de correspondencia á súa familia cercana. O seu escrito máis famoso é o poema que adicou aos seus pais e irmáns na véspera da súa execución e que comeza así:

"Ma petite maman chérie,

mon tout petit frère adoré,

mon petit papa aimé,

Je vais mourir!"

Traducción:

"¡Miña naiciña querida,

irmanciño meu adorado,

papaíño meu amado

Vou morrer!"


Tamén son coñecidas as liñas dirixidas a unha moza do campo de mulleres colindante que din:

"Ma petite Odette,

Je vais mourir avec mes 26 camarades, nous sommes courageux. Ce que je regrette est de n'avoir pas eu ce que tu m'as promis"

Traducción:

"Miña pequena Odette,

Vou morrer cos meus 26 camaradas, somos valentes. Do que me laio é que non terei o que me prometeras"


Conmemoracións

O 22 de Outubro de 1944, primeiro cabodano dos fusilamentos tra-la liberación de Francia, O PCF organiza a primeira cirimonia de conmemoración, á que asisten varias forzas da Resistencia. As cirimonias repetironse anualmente a partir de entón, mais ben dende 1947 a causa da guerra fría rompeuse a unidade en dous bandos, o "oficial" e o comunista, que pasaron a rendir tributos separados. Volveríanse a unir en 1981.

En París, el acto principal do 22 de Outubro consiste nuhna reunión ante a casa da familia Môquet na rúa Baron de París.

Unha rúa do distrito 17 e unha estación de metro foron bautizadas na súa honra en 1946. Fóra de París hai varios edificios e rúas co nome de Guy Môquet, entre eles un colexio en Châteaubriand e un estadio en Drancy.

O nome de Guy Môquet foi evocado por Nicolas Sarkozy na campaña que lle levaría á presidencia de Francia. Marie-George Buffet, candidata apoiada polos comunistas, protestou contra o que consideraba unha utilización indebida da súa memoria. Mesmo na súa investidura volveu a nomea-lo provocando a lóxica controversia.



A súa historia, en cine

A súa morte recóllese nunha curtametraxe, sendo Môquet interpetado polo novo actor francés Jean-Baptiste Maunier.