Conversa portal:Muller: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
 
Liña 4:
Coido que o nome deste portal debería ser Mulleres en lugar de Muller. --[[Usuario:AMPERIO|AMPERIO]] ([[Conversa usuario:AMPERIO|conversa]]) 28 de maio de 2018 ás 15:47 (UTC)
:Recupero esta observación de [[Usuario:AMPERIO|AMPERIO]]. Entendo eu tamén que este portal debería ser mulleres, en plural, en concordancia con todas as equivalencias nas restantes linguas cun espazo semellante. En singular resulta chocante e non creo que sexa de todo correcto, como non o sería un portal Enxeñeira, Intérprete etc. Antes de proceder á mudanza, déixoo quedar así uns días máis por se houber obxeccions. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 17 de xaneiro de 2022 ás 12:03 (UTC)
::[[Usuario:Atobar|Atobar]], non vexo relevante que o portal sexa en singular ou plural, xa que o mesmo trata artigos relacionados coa muller ou co sexo feminino, hai exemplos como o "Día internacional da muller/muller indíxena/muller africana". De todos xeitos (e aquí o argumento para non mudalo), indicar "mulleres" pode dar pé a interpretacións ligadas ao xénero (este portal non trata de xénero senón de sexo) O que pretende visibilizar o portal é ás persoas con cromosomas XX, e paréceme perigoso dar pé a que se poida dar a volta a este portal amosando biografías de persoas autoidentificadas como mulleres en base a un construto social como é o xénero, remítome á consigna feminista radical de "ser muller non é un sentimento". Doutra banda, a mudanza é problemática, habería que mudar a imaxe do portal e mudar as ligazóns ao mesmo dende unha boa cantidade de artigos, se fora algo incorrecto concordaría con pasar o traballo, pero o certo é que non vexo que sexa incorrecto (que problema hai con que non concorde cos dos outros proxectos? Nós temos personalidade propia, independentemente do que fagan francófonos ou lusófonos, por exemplo), máis ben todo o contrario. Un saúdo, [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 17 de xaneiro de 2022 ás 15:51 (UTC)
 
== Modificacións ==
Volver á páxina "Muller".