Conversa portal:Muller

Último comentário: hai 2 anos de Piquito no tópico Nome do portal

Nome do portal

editar

Coido que o nome deste portal debería ser Mulleres en lugar de Muller. --AMPERIO (conversa) 28 de maio de 2018 ás 15:47 (UTC)Responder

Recupero esta observación de AMPERIO. Entendo eu tamén que este portal debería ser mulleres, en plural, en concordancia con todas as equivalencias nas restantes linguas cun espazo semellante. En singular resulta chocante e non creo que sexa de todo correcto, como non o sería un portal Enxeñeira, Intérprete etc. Antes de proceder á mudanza, déixoo quedar así uns días máis por se houber obxeccions. --Atobar (conversa comigo) 17 de xaneiro de 2022 ás 12:03 (UTC)Responder
Atobar, non vexo relevante que o portal sexa en singular ou plural, xa que o mesmo trata artigos relacionados coa muller ou co sexo feminino, hai exemplos como o "Día internacional da muller/muller indíxena/muller africana". De todos xeitos (e aquí o argumento para non mudalo), indicar "mulleres" pode dar pé a interpretacións ligadas ao xénero (este portal non trata de xénero senón de sexo) O que pretende visibilizar o portal é ás persoas con cromosomas XX, e paréceme perigoso dar pé a que se poida dar a volta a este portal amosando biografías de persoas autoidentificadas como mulleres en base a un construto social como é o xénero, remítome á consigna feminista radical de "ser muller non é un sentimento". Doutra banda, a mudanza é problemática, habería que mudar a imaxe do portal e mudar as ligazóns ao mesmo dende unha boa cantidade de artigos, se fora algo incorrecto concordaría con pasar o traballo, pero o certo é que non vexo que sexa incorrecto (que problema hai con que non concorde cos dos outros proxectos? Nós temos personalidade propia, independentemente do que fagan francófonos ou lusófonos, por exemplo), máis ben todo o contrario. Un saúdo, Piquito (conversa) 17 de xaneiro de 2022 ás 15:51 (UTC)Responder

Modificacións

editar

Revertín todas as edicións que rompían a estética do portal coa súa imaxe. Revertín a edición do cabezallo do portal, non é necesario poñer a definición de "muller", todo o mundo sabe o que é unha muller. Creo que canto menos habería que falar cos que pasamos o traballo de facer o portal e a súa imaxe antes de estragar o traballo rompendo totalmente a estética sen ningunha xustificación. Piquito (conversa) 28 de maio de 2018 ás 21:17 (UTC)Responder

Claro, que si Piquito. O único que pode facer edicións a partir de agora neste portal es ti, non vaia ser que "que se rompa a estética". O portal vai sobre a Muller, polo que o lóxico é que a cabeceira fale da Muller. Se o problema son as cores se cambian e punto, non hai que desfacer edicións dos demais sen mirar cales foron os cambios. --AMPERIO (conversa) 28 de maio de 2018 ás 21:23 (UTC)Responder
Da a sensación de que te limitaches a desfacer edicións sen parar a mirar os cambios que se fixeron. Por outra banda, para que hai un Portal:Feminismo se este vai ser un anexo daquel? --AMPERIO (conversa) 28 de maio de 2018 ás 21:28 (UTC)Responder

Modificacións

editar

O portal:Muller, vai sobre a muller, en concordancia co resto de portais, a cabeceira debe tratar sobre a muller non sobre un día internacional sobre a muller. Para reivindicacións feministas está o Portal:Feminismo. --AMPERIO (conversa) 28 de maio de 2018 ás 21:36 (UTC)Responder

Volver á páxina "Muller".