Acueduto do Paseo das Pontes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxo en Modelo:Patrimonio Galego (via JWB)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 7:
A viaxe de [[Visma, A Coruña|Visma]] levaba auga dende esta localidade ata o centro da cidade. Complementaba a primeira gran condución, a "Viaxe do Vioño", que levaba auga dos mananciais de Nelle e de Vioño ata a [[Cidade Vella da Coruña|Cidade Alta]], obra que fora autorizada por [[Filipe II de España|Filipe II]] en 1564 e construída polo mestre de cantaría Tristán Darguis.<ref name=valeiro>{{cita libro|título=Los orígenes del abastecimiento de agua a la ciudad de A Coruña|lingua=castelán|dataacceso=25 de decembro de 2015|nome=Carlos|apelidos=Valeiro Solsona|data=outubro de 1998|url=http://www.sedhc.es/biblioteca/actas/CNHC2_061.pdf}}</ref>
 
O acueduto foi construído entre 1722 e 1726, segundo o proxecto do enxeñeiro [[Francisco Montaigú de la Perille]] e coa dirección de [[Fernando de Casas Novoa]] e frei [[Francisco de Velasco]]. A condución baixaba logo polo camiño de Carballo ([[Avenida de Fisterra (A Coruña)|Avenida de Fisterra]]) e entraba na cidade polo [[muralla da Coruña|Caramanchón]], onde había unha fonte e un lavadoiro. A viaxe de Vioño conectaba coa nova condución mediante unha arqueta no [[Praza de Pontevedra (A Coruña)|Campo de Carballo]].<ref name=valeiro/>
 
A infraestrutura permitiu a creación de novas fontes na cidade, unha na [[Praza de Azcárraga|praza da Fariña]], outra na rúa da Fama e outra na praza de Santa Catarina.<ref name=ideal>{{cita novas|título=El punto de abastecimiento de agua de la ciudad entre 1722 y 1902|xornal=El Ideal Gallego|lingua=castelán|dataacceso=25 de decembro de 2015|data=4 de maio de 2011|url=http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/05/04/punto-abastecimiento-agua-ciudad-1722-1902/492199.html}}</ref>