Ropalidia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. con info. da wiki en inglés e das referencias
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de xullo de 2021 ás 20:14

Ropalidia' é un xénero de insectos himenópteros da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos polistinos, que é o tipo da tribo dos ropalidiinos.[1][2]

As súas especies son avespas eusociais que habitan as rexións bioxeográficas afrotropical, indomalaia e australiana.

Algunhas características

As especies deste xénero son avespas bastante pequenas, de entre 7 e 12 mm de lonxitude, e de variadass colororacións.

O xénero Ropalidia é único porque contén especies tanto independentes como fundadoras de enxames.[3]

Por exemplo, Ropalidia romandi é unha das especies fundadoras de enxames, o que significa que os novos niños son fundados por un gran grupo de obreiras, cun número menor de femias fértiles (raíñas),[3] mentres que Ropalidia revolutionalis é unha fundadora independente, é dicir, que o niño é fundado por unha soa fundadora.[4]

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1831 polo ictiólogo e entomólogo francés Félix Édouard Guérin-Méneville, na obra Lesson, R. P. & Guérin-Méneville, F. E., "Hemiptera", no volume 2 de Duperrey, L. I. Voyage autour du monde: exécuté par ordre du roi, sur la corvette de Sa Majesté, la Coquille, pendant les années 1822, 1823, 1824, et 1825. Paris. 6 volumes.

Especies

Ropalidia comprende, entre outras, as seguintes especies:[1][2]

Notas

  1. 1,0 1,1 Ropalidia Guérin-Méneville, 1831 en BioLib.
  2. 2,0 2,1 Ropalidia no NCBI.
  3. 3,0 3,1 Hunt, James H. (2007). The Evolution of Social Wasps. Oxford University Press. pp. 57–60. ISBN 978-0-1953-0797-9. 
  4. Yosiaki, Itô (1987). "Social behaviour of the Australian paper wasp, Ropalidia revolutionalis (de Saussure) (Hymenoptera: Vespidae)". Journal of Ethology 5: 115–124. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
  • Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
  • Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
  • Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
  • Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
  • O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
  • Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
  • Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.

Outros artigos