Incubus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/>, <br /> → <br/> (5)
m Reemplazos con Replacer: «estudios»
Liña 35:
O último disco da banda saíu á venda o [[28 de novembro]] de [[2006]] baixo o nome de ''[[Light Grenades]]''. O seu primeiro single foi "Anna-Molly", que paradoxicamente Brandon interpreta na canción como "''anomally''" (''anomalía'' en [[lingua inglesa|inglés]]). O presente álbum aseméllase en certo grao ao ''[[A Crow Left of the Murder]]'', tanto na imaxe que a banda desexa reflectir cara ao público como na parte musical propiamente dita. Temas como "Dig", "Light Grenades", "Love Hurts" e "Paper Shoes" demostran a gran variedade interpretativa , e ademais a excelente proxección que teñen para un futuro.
 
En xuño do [[2008]] [[Brandon Boyd]] dixo a Billboard.com que o grupo se tomaría un descanso. Durante ese tempo os membros da banda adicáronse á familia, a estudiosestudos e a outros proxectos.
 
O [[16 de xuño]] do [[2009]], a banda editou o recompilatorio ''[[Monuments and Melodies]]''. Trátase dun álbum dobre cun disco de grandes éxitos e outro de versións alternativas e temas inéditos. No traballo incluense tamén dous temas novos producidos por [[Brendan O´Brien]], "Black Heart Inertia" e "Midnight Swim", o primeiro dos cales editouse como sinxelo.