Antoni Serra: Diferenzas entre revisións

escritor español
Contido eliminado Contido engadido
Creación da páxina
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2021 ás 21:18


Gran enciclopèdia catalana

Antoni Serra i Bauçà

Antoni Serra y Bauçà, nado en Sóller o 29 de xaneiro del 1936, é un escritor mallorquino.

Traxectoria

É fillo de Miquel Manuel Serra Pastor, tamén escritor, e de Carme Bauçà Maiol.Csou con Xisca Barceló Mercant, subdirectora de Ultima Hora, coa que teñen dous fillos: Albert e Clara. Estudou Medicina no Clínic de Barcelona.[1]

Comezou a escribir aos catorce anos, no semanario Sóller da súa vila, sen dúbida influído polo seu pai que escribiu e publicou na revista La Nostra Terra. Dedicouse especialmente á narrativa (especialmente novelas e contos) e ensaios, así como artigos e reportaxes para xornais e revistas: Lluc , Canigó , Serra d’Or , Última Hora , Avui , Diario de Mallorca, El Temps, Temps Moderns e Segell. Foi membro do colectivo Ofèlia Dracs.[2]

Durante os anos sesenta viviu en Valencia (1960-61), Mallorca (1961-68) e Barcelona (1968-1971), onde colaborou en varias publicacións periódicas. De volta a Mallorca en 1971, retomou o seu traballo no xornal Ultima Hora.[3]

Políticamente, militou no PSUC durante moitos anos e despois no PSAN (Partido Socialista de Liberación Nacional). Visitou clandestinamente Hungría, a antiga Iugoslavia, a República Checa, Romanía e nunca ocupou ningún cargo político.Dirixiu a libraría Tous (de 1971 a 1975) e foi o responsable do II Congreso de Cultura Catalá. Foi o fundador, xunto con Miquel Barceló, Aina Montaner, Josep Albertí e Guillem Frontera, da colección Turmeda, creada en 1972.[1]

É un dos fundadores da Asociación de Escritores en Lingua Catalá, da que foi vicepresidente para as Illas.[4]

Comezou escribindo en castelán e desde 1971 faino en catalán.[5]

Obra

Ensaio

  • Gent del carrer (1971).
  • Aproximació a Gabriel Alomar (1977).
  • Gràcies, no volem flors (1981).
  • L’anàrquica escriptura de la terra inexistent (1993).
  • El (meu) testament literari (1997).
  • Llarg adéu a la vida. Reflexions sobre la cultura del meu temps (2006). Lleonard Muntaner, Editor.
  • Scrits "post mortem" (2016). Documenta Balear.

Narrativa

  • Entrada de fosca (1972).
  • Quartet per a una confidència (1977).
  • Quadern de bitàcola (1981).
  • Música de Mahler per a una lloca didàctica (1986).
  • Morts d’immortalitat (1995).
  • La insostenible levitat dels cossos (1996).
  • Narracions de vida i mort (1999).
  • Darrer llibre d´impertinències. Onze narracions indignes i una novel·la curta intimista (2015). Documenta Balear.

Novela negra

  • La gloriosa mort de Joan Boira (1973).
  • El cap dins el cercle (1979).
  • Rapsòdia per a una nit de Walpurgis (1981).
  • El blau pàl·lid de la rosa de paper (1985). Co detective Celso Mosqueiro.
  • L’arqueòloga va somriure abans de morir (1986). Co detective Celso Mosqueiro.
  • Més enllà del mur (1987).
  • Per ben morir (1988).
  • Carrer de l’Argenteria, 36 (1988).

Sobre o antisemitismo en Mallorca

  • Espurnes de sang (1987). Co detective Celso Mosqueiro.
  • RIP, senyor Mosqueiro (1989). Co detective Celso Mosqueiro.
  • Llibre de família (1991).

Novela de formación e ruptura

  • Cita a Belgrad (1992).
  • L’avinguda de la fosca (1994).

Premios

Notas

  1. 1,0 1,1 "Serra Bauçà, Antoni Marratxipèdia" (en catalán). Consultado o 2021-01-14. 
  2. "Antoni Serra i Bauçà enciclopèdia.cat". www.enciclopedia.cat. Consultado o 2021-01-14. 
  3. "Antoni Serra i Bauçà". Lleonard Muntaner Editor (en catalán). Consultado o 2021-01-14. 
  4. "Antoni Serra Bauçà". Artxipèlag (en castelán). Consultado o 2021-01-14. 
  5. "Antoni Serra i Bauçà" (en catalán). 2020-02-02. 
  6. "O conselleiro de Cultura e Educación participa na entrega dos ‘X Premios Rosalía de Castro’ - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-01-14. 
  7. "El PEN Galicia distingue a Antoni Serra con el premio Rosalía de Castro". Última Hora (en castelán). 2014-02-26. Consultado o 2021-01-14.