Politípico: Diferenzas entre revisións

páxina de homónimos de Wikimedia
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con info. das referencias.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de maio de 2020 ás 15:27

En botánica e en zooloxía o termo politípico, ou taxon politípico refírese a un grupo taxonómico con varios subgrupos no nivel subseguinte taxonómico máis baixo.[1]

Felis silvestris, unha especie politípica

Refíerese a ter varias ou moitas formas, incluíndo subespecies e variedades.

O seu antónimo é monotípico ou taxon monotípico.

Exemplo

Numerosos autores consideran hoxe ao gato montés como unha especie politípica, que engloba varias subespecies: Felis silvestris silvestris, Felis silvestris cafra, Felis silvestris ornata, Felis silvestris bieti,[2] Felis silvestris lybica e o gato doméstico (Felis silvestris catus).[3][4]

Etimoloxía

O termo está formado polos elmentos poli-, e -tipo, derivados repectivamente do grego antigo πολυ- ou πολύ-, de πολύς polýs, "moito", "numeroso", e o substativo τύπος týpos, "forma".[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 politípico, en Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Volume 2. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3.
  2. Hoxe en día considerado como especie independente, Felis bieti.
  3. Patrice Raydelet (2009): Le chat forestier. París: Delachaux et Niestlé. ISBN 978-2-6030-1597-1.
  4. Carlos A. Driscoll, Marilyn Menotti-Raymond, Alfred L. Roca, Karsten Hupe, Warren E. Johnson, Eli Geffen, Eric H. Harley, Miguel Delibes de Castro, Dominique Pontier, Andrew C. Kitchener, Nobuyuki Yamaguchi, Stephen J. O'Brien & David W. Macdonald (2007): "The Near Eastern Origin of Cat Domestication", Science 317 (5837): 519-523.