Serifos: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: {| align="right" rules="all" cellpadding="3" cellspacing="0" style="margin: 0 0 1em 1em; border: 1px solid #999; border-right-width: 1px; border-bottom-width: 1px; background-cor: whit... |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 8 de agosto de 2007 ás 13:15
| |||||
---|---|---|---|---|---|
Estatísticas | |||||
Periferia | Exeo meridional | ||||
Capital | |||||
Superficie | 70 km2>sup> | ||||
Poboación | 1.414 (2001) | ||||
Densidade de pobl. | |||||
Código postal | 840 05 | ||||
Prefixo telefónico | (00)30-22810 | ||||
Páxina oficial |
Serifos (grego Σέριφος, latín Seriphos ou Seriphus) é un illa grega do Mar Exeo, localizada nas Cícladas occidentais, ao sur de Citnos e ao noroeste de Sifnos. A superficie é duns 70 km² e está a uns 170 km do Pireo.
Cando Acrisio foi advertido por un oráculo de que o seu neto mataríao, botou á súa filla (Danae) e ao seu fillo Perseo á deriva ao mar nun cofre de madeira. Foi na illa de Serifos onde desembarcaron.
A illa foi colonizada polos xonios de Atenas e foi das poucas illas que rexeitou someterse a Jerjes I no 480 adC. Foi unha illa moi pouco importante e os romanos utilizárona como lugar de desterro.
A cidade moderna está na costa este, próxima á antiga e chegou a ter máis de 2.000 habitantes. Da cidade antiga quedan algúns restos.
Os mineiros, folga de 1916 En 1916 os mineiros fixeron folga e o estado grego a petición do propietario (a familia alemá Groman) envióu á garda nacional. Os soldados dispararon aos mineiros e mataron a catro, pero o resto e as súas mulleres atacaronos e mataron a todos e proclamaron a República soviética. Unhas semanas despois forzas militares gregas recuperaron o control, pero os mineiros obtiveron mellores condicións laborais e a xornada de 8 horas.
Comunidades
- Galani
- Kallitsos
- Koutalas
- Livadi Serifou
- Mega Chorio
- Mega Livadi
- Panagia
- Serifos