Clan: Diferenzas entre revisións

grupo de xente unida por lazos de parentesco e ascendencia
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Clan"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2017 ás 16:00

Un clan é un grupo de persoas que teñen ligazóns de parentesco e ascendencia, vinculado pola percepción de ser descendentes dun devanceiro común. A denominación provén do gaélico escocés clann, que significa "fillo" ou "descendente".[1] Nalgúns lugares, como a Escocia antiga, designaba ó conxunto de membros dos distintos grupos familiares.[2] O termo pasou ó inglés cara a 1425, para denominar as organizacións tribais de Irlanda e Escocia.[3]

Relacións de parentesco

O devanceiro común do clan podía ser real ou mitolóxico, humano ou non, e nese caso fálase dun tótem animal ou dunha planta. Aínda se as verdadeiras liñaxes non se coñecen realmente, os membros do clan recoñecen a un pai fundador, símbolo da unidade do clan. En xeral, o parentesco difire das relacións biolóxicas, xa que tamén envolve a adopción, o matrimonio e lazos xenealóxicos convencionais e, mesmo, ficticios. En palabras de Marshall Sahlins, o clan é unha unidade de descendencia común máis "putativa" que "demostrable". Os clans poden ser matrilineais, patrilineais ou cognáticos.

Aínda que se trata dun concepto relacionado coas categorías de parentesco tribal, non é totalmente equivalente a tribo, estando máis vinculado ó concepto de liñaxe, tutelado por un espírito ancestral.[4] O vínculo do clan pode estar tan amplamente arraigado, que determina relacións especiais con todas as persoas do mesmo, aínda que estean fóra do eido territorial propio, mesmo aínda que habiten arredadas e nunca tiveran tido contacto entre si.[5]

Notas

  1. Etimología: el origen de las palabras
  2. Segunda acepción del DRAE
  3. "Clan", Online Etymology Dictionary
  4. Shalins: op.cit., p.35
  5. Sahlins: op.cit., p.36