Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2016 ás 12:56

A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes é unha biblioteca española que reúne obras hispánicas en internet. Ten como obxectivo principal a difusión da cultura hispánica.

Foi creada en 1999 por iniciativa da Universidade de Alacant e co patrocinio do Banco Santander e a Fundación Marcelino Botín. Está xestionada por unha fundación que preside Mario Vargas Llosa.[1] A idea orixinal do proxecto concibiuna Andrés Pedreño Muñoz, reitor da Universidade de Alacant nese momento, inspirada no concepto de biblioteca dixital dalgunhas universidades estadounidenses. El foi quen presentou a Emilio Botín, Presidente do Banco Santander un proxecto pioneiro en dixitalización de obras de referencia hispanas, algo que dende primeiro momento entusiasmou ó máximo responsable do Santander e deulle o seu respaldo.

Un consello científico, dirixido por Darío Villanueva, avala o rigor da biblioteca.

Referencias

Véxase tamén