Río Ser: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O '''Ser''', é un pequeno río galego na provincia de Lugo, España, afluente do río Navia pola súa marxe dereita. ==Percorrido== O Ser nace da confluencia de v...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de xuño de 2007 ás 14:39

O Ser, é un pequeno río galego na provincia de Lugo, España, afluente do río Navia pola súa marxe dereita.

Percorrido

O Ser nace da confluencia de varios regos e ríos de montaña, formados varios deles a máis de 1.400 msnm, nas vertentes occidentais da serra dos Ancares, no concello de Cervantes. Atravesa a parte septentrional dese concello, para entrar logo no municipio de Navia de Suarna, e desaugar nunha paraxe onde veñen confluir as lindes dos concellos de Cervantes, Navia de Suarne e Becerreá, logo de percorrer case 19 km.

A súa conca abranxe unha área de 114 km2.

Réxime hídrico

O Ser é un río de réxime pluvio-nival.

Afluentes

A maioría dos seus afluentes son pequenos regos de montaña, destacando entre os de maior desenrolo o río de Vilaver, pola súa mare esquerda.

Protección

O curso do Ser atópase incluído dentro do Lugar de Interese Comunitario (LIC) de Cruzul-Agüeira.

Étimo

O nome do Ser está unido á raíz indoeuropea *sreu- "fluír".